jueves, julio 12, 2012

Rajoy dimisión


A portada de La Voz de Galicia de hoxe parece a antecámara do inferno. Un verdadeiro retrato da España de Mariano Rajoy. A da miseria, o sangue, o suor e as bágoas. A España negra outra vez, que terá que pintar algún Goya contemporáneo.
A ollada vencida, co rostro sanguiñento, dunha rapaza detida pola Policía despois de ser apaleada, debería ser unha pésima imaxe para un inquilino da Moncloa que está dando mostras máis que evidentes de carecer da máis elemental sensibilidade social e humana. Non é a primeira vez que se producen feitos de violencia institucional dende que comenzou a marcha dos mineiros sobre Madrid que fan lembrar os tempos de Franco. Mariano Rajoy debería asomarse algo a ventá –aínda que só fose a da Moncloa– e observar o que pasa na rúa antes de que a historia o converta na estatua de sal dos que non entenderon nada.
E toda Europa –Alemania incluída– é dificil atopar un gobernante que viva tan de costas á realidade que non é inventada. Mentres que en Francia François Hollande se reúne durante dous días con sindicatos, empresarios e todas as forzas sociais para buscar acordos que non limiten a solucción da crise a un puro e constante peche dos grifos, o Goberno español está a conducirnos á Grecia da troika. Ten razón a presidenta arxentina Cristina Kirchner cando se cachondea do “pelado ese” de Luís de Guindos e cando di que se lle “atraganta a tostada” porque a Unión Europea pon baixo tutela a España. Onde anda agora metido o patriotismo español de Rajoy?
Indudabelmente, Mariano Rajoy debería dimitir e adiantar as eleccións para deixar que a cidadanía decida castigalo ou non polo inmenso fraude que representa estar gobernando en contra de todo o que prometeu antes e despois de desprazar a Zapatero. Polo menos que tamén nisto sexamos coma os gregos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Impresionante discurso o da presidenta arxentina. Pola súa espontaneidade e pola súa inspiración popular. En Arxentina inauguran fábricas de economía produtiva. Aquí destrúenas. Efectivamente, Rajoy tería que irse co seu "pelado" a facer gargarexos.

Anónimo dijo...

agradecería que non se publicitara a "La Voz de Santiago Rey" que sabe xogar moi ben e engana a moitos. Comprobarao cando se acerques as eleccións (igual que o comprobou Touriño). O verdadeiro poder que fai gañar ou perder eleccións está en "La Voz" e "El Faro".
Grazas

Perfecto Conde dijo...

Todos sabemos –eu tamén– o que é e o que representa La Voz de Galicia, co seu amo incluído. Un xornal de dereitas moderno e, esencialmente, comprometido co labor de informar e de criticar sobre a realidade galega, española e internacional. Na miña opinión, un dos mellores de toda España.
Que pode non gustarlle a alguén? A min mesmo, por exemplo, cando arrima a brasa á súa sardiña, pero é do melloriño que temos. Polo menos en Galicia.
Ademais, Croques non publicita La Voz de Galicia nin ningún outro xornal. Limítase a falar deles cando lle chaman a atención por este ou aquel asunto. A ver se aperndemos a desbrozar as silveiras para podermos ver o sol.
Non mo tome a mal o Anónimo segundo. É a miña opinión.

Anónimo dijo...

Só unha aclaración: "La Voz de Santiago Rey" non informa, manipula. Un exemplo de agora mesmo: fala das concentracións e paros en toda Galicia pero, oh, la, la, nada dí das da Coruña (e foron das maiores, asegúrollo). Este é o tipo de "información" que practica don Santiago. Habilidade non lle falta dende logo, e a proba é que mesmo a vostede o confunde.
Como consecuencia desa habilidade, o Sr. Santiago Rey pon e quita gobernos. Con moita habilidade tamén pois, polo que parece, ninguén se entera.