Entérome lendo Praza Pública (praza.com) de que o Sindicato Unificado de Policía (SUP) –e ignoro por que esta información non a vin en máis lados– califica de “obscena” a decisión de entregarlle o Códice Calixtino á Catedral de Santiago mediante unha cerimonia oficial con “desembarco de autoridades policiais e políticas”. Considera este sindicato, dos máis representativos entre a Policía española, que “perfectamente poderíase seguir o método que se emprega habitualmente” cando se recupera un obxecto roubado: “que o propietario comparecese na comisaría e se redactase unha acta de entrega”. “Algo tan sinxelo coma iso, pero coa Igrexa topamos”, manifesta o SUP.
O caso rechina aínda máis agora que xa se sabe que tal entrega vai estar presidida o domingo polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que parece que lle gustan tanto os campos de fútbol coma as naves catedralicias. En plena crise económica, na que nos está facendo apretar o cinto a todos, ben podería compensar algo os danos económicos que lle fixo á Igrexa un electricista inxenioso, aforrando algunha cadela do erario público privándose de viaxes oficiais e cerimonias que, como ben apunta o SUP, deberían limitarse a dilixencias protocolarias maís acordes cos procedementos da Xustiza e do traballo policial. Pero está claro que vivimos na sociedade do espectáculo e uns minutiños de groria na televisión véñenlle ben a calquera. Para que o xefe do Arquivo catedralicio, Segundo Pérez López, siga dicindo que os políticos falan moito da inseguridade do templo, pero non soltan un can para socorrela.
Alfredo Conde e outros novelistas xa teñen publicado obras relacionadas coa desaparición do Códice, pero agora precisaríase algún investigador social que fose quen de desentrañar todo o máis posíbel o que pasou –e está pasando– arredor deste célebre asunto. Por que tardou un ano en resolver a Policía un tema que non daba para un bo guión dunha película de Hichcock ou de Spierlberg e que quedou nunha de Martínez Soria, como dixo a portavoz do Concello de Santiago, Paula Prado. Como fixo a Curia compostelá para tardar máis de vinte anos en decatarse de que tiña un electricista que lles chupaba o sangue aos santos, etc, etc. Non dará para unha boa película, pero para facer unha excelente tese doctoral ben sei que aínda daría. Con arcebispos, bispos, curas, políticos e expertos en seguridade incluídos. Algún día falarase de todo isto.
5 comentarios:
Don Perfecto, vostede pensa realmente que o caso do Calixtino, ou Galixtino para nós, merece unha tese doutoral? A min ocórreseme que dedicarlle unha tese ao roubo do Códice é tanto como dedicarlla á eternidade do Luar do Gayoso (fágase á idea que o sobrevivirá a vostede, a un servidor e ao propio director de orquestra do programa) ou ao Superpiñeiro tocando o trombón do Baltar. Teses doutorais na nosa Galiza as que se queiran. Galiza é unha fartura de teses doutorais. O que compren son antíteses, non precisamente doutorais. Ou si.
Don Calixtino e Melibea:
Estou totalmente conforme no das antíteses (doctorais ou non). O que me fode é que vostede é moito máis listo ca min.
El único que ha actuado de manera exquisita y ejemplar: el magistrado instructor, DON JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ TAÍN.......
Galicia aparece, de cando en vez, nos telexornais do mundo por motivos, digamos, curiosos: buques que se van contra as rochas ou contra unha ponte, ou se parten, vacas tiradas no campo e o sangue tinguindo os regatos, os gaiteiros de Manolo Fraga...
E como somos así, non tiramos de hemeroteca e non sabemos que unha escultura de Richard Serra, que pesaba 38 toneladas, levas algo así como 10 anos desaparecida desde que o Museo Reina Sofía a gardara nun solar próximo a Madrid. Vale, gardar, gardar, o que se di gardar, pois non.
Ou sexa, que aí están os outros fenómenos autonómicos madrileños sen bater contra tamaña "instalación". E, oigan, hai que localizar tamén os cartos de Urdangarín...
César Vidal y Fernando Díaz Villanueva se despiporran a cuenta de este episodio.......
Publicar un comentario