jueves, octubre 07, 2010

Ouriños verdes

Hai urxencias que a próstata non perdoa, vístase un de verde ou de colorado. O da foto pillárono nas patacas, ou sexa, vertendo augas coma calquera humano e sen importarlle a ordenación legal vixente, que ata prevé multas para estes casos. Por que será que a fisioloxía iguala tanto aos de Laíño cos de Lestrove e aos de Troia cos de Heracles? Só lle faltou alguén que lle cantase: Ouriños veñen, ouriños veñen, ouriños veñen e van...

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Dixéronme que a foto foi feita dende o despacho de Pérez Rubalcaba ecque, polo tanto a mesada non foi puramente un alivio fisiolóxico senón un acto de militancia ou protesta.

Anónimo dijo...

Mesada??????????????

Anónimo dijo...

Sorry. Eu puxen mexada, pero o carallo do corrector automático do Ipad correxiu a palabra en castelán que lle pareceu máis doada. E non sei como desactivalo.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois a ver onde anda o compañeiro de patrulla; xa que mentras o da foto ten o pitilín na man, o outro debería coller o regulamento e meterlle unha multa de 150 euriños por mexar na vía pública.
Pero como seica andan de bolis caídos...

Anónimo dijo...

It was and with me.

Concha dijo...

Está abandonado o blog??
Bótoo de menos :(