miércoles, diciembre 22, 2010

Cada un a súa vela

Nin me tocou a lotaría nin teño moitas gañas de seguir escribindo chorradas neste blog, pero débolle a algúns amigos unha explicación e esa explicación vóullela dar. Un xa non está para trotes. “Caballo le dan sabana porque está viejo y cansado, pero no se dan ni cuenta que un corazón amarrado cuando le sueltan las riendas es caballo desbocado”, como escribíu María Teresa Chacin para a famosa canción colombiana Caballo viejo (a mesma que Julio Iglesias estragou con moito éxito para a súa carteira).
Repasando só moi pola tona a actualidade política galega, observo que Pedro Arias volve a espirse –agora no Parlamento Galego– deixando ao ar do inverno o seu cú de político-intelectual reconvertido dende unha esquerda de cartón pedra a unha dereita de lixiviado urxente. Realmente hai que seguir vivindo para ver, como dicía o Séneca taurino.
Unha cousa é que Zapatero e a súa cohorte, cada vez máis disminuída, foran capaces de levarnos cara o abismo ao que nos levaron, e outra moi distinta é que Pedro Arias, Miguel Cancio e unha ducia máis de gaitas en fole pretendan interpretarnos a decadencia do reino das malas artes.
Como sigan así, claro que amenazo con volver a escribir en Croques. E que cada pao aguante a súa vela. ¿Ou non?

8 comentarios:

Carqueixa dijo...

Home, Don Perfeuto, deixese de caralladas e continue co seu, ou que imos facer o que o levamos seguindo dende que principiou a escribir nesta nosa casa?

Anónimo dijo...

Siga escribindo, é o primeiro comentario que deixo, si todos se van quedamos orfos.

Anónimo dijo...

Este pecha, e aquel pecha e todos pechan
Galicia quedas sen blogueiros que te poidan ilustrar

Anónimo dijo...

Camarada D. Perfeuto: Como é posible que nos deixe sós ante o perigo dos conversos. Polo deus Baco, entre croques e máis croques e unha cunca de barrantes, tes que tirar padiente e arrear "caña" a estes inombrables que ti nomeas no post.
"Quizais" poida ser que tiras a toalla ante tanta desvergonza que está acontecendo neste país. Logo desta maneira poida ser que teñas razón.

Anónimo dijo...

Espero que no o deixe. Dende que descubrin este espazo sempre o seguín con moito gusto, e lamentaría enormemente que se fose: desaparecen blogues, CNN+, ... e se todo o interesante desaparece, que nos quedará?.

ms dijo...

Non canse, ho. E menos agora, que xa non temos nin Vieiros polos que camiñar nin Uvas novas que catar, e todo cheira a Ruedas, Frijoles e Farjas.

Anónimo dijo...

¿Ya te has desengañado de Zapatero.....?

Luisfoz dijo...

Quanta razão tés; não há nada pior do que os renegados. Felizes festas