viernes, diciembre 31, 2010

Polos que saben resistir

Aos seus 93 anos, Stéphane Hessel, un alemán naturalizado francés dende 1937 que lle axudou a De Gaulle a facer a resistencia contra os nazis, dirá nun discurso que vai dirixir hoxe aos franceses que “a primeira década do noso século remata cun fracaso. Un fracaso lamentable para Francia, un fracaso grave para Europa, un fracaso inquietante para a sociedade mundial”.
Hessel lembra os obxectivos para o desenvolvemento que se procalamaron na Conferencia Mundial das Nacións Unidas do ano 2000, coa proposta de reducir á metade o número de pobres en 15 anos. Para a mesma data debería emprenderse unha nova negociación que rematase o vello conflito de trinta anos que afecta ao Próximo Oriente, e tería que haber un máis equitativo reparto de todos os bens común esenciais, que son a auga, o ar, a terra e a luz. Lonxe de cumprírense eses obxectivos, rematamos a primeira década do século XXI cun absoluto fracaso. Como apunta Hessel, con máis ricos muy ricos e con máis pobres muy pobres ca nunca.
Abondan, polo tanto, os motivos de indignación. En primiro lugar, como sinala o prestixioso intelectual francés, un dos mellores embaixadores que tivo Francia en todos os tempos, pola complicidade entre os poderes políticos e os poderes económicos e financeiros, demasiado ben organizados a nivel mundial para satisfacer a codicia e a avideza dalgúns dos seus dirixentes, divididos e incapaces de entendérense para dominar a economía en beneficio dos pobos. “Mesmo cando teñen  á súa disposición a primeira organización verdadeiramente mundial da historia, esas Nacións Unidas ás que poderían ser confiadas de común acordo a autoridade e as forzas necesarias para porlle remedio ao que vai mal”, salienta Stéphane Hessel.
Polo menos aínda nos queda unha conquista democrática esencial, segundo Hessel, resultado de dous séculos de loita cidadá: “A que nos permite reivindicar o dereito de escoller para que nos dirixan mulleres e homes que teñan unha visión clara e entusiástica do que se pode e se debe conseguir na segunda década que se abre mañá... Que tomen respiro sobre autores animosos que se expresaron estes últimos meses, sobre Susan George e o seu bonito libro Leurs crises, nos solutions, sobre Edgar Morin e o seu último tomo de L’Ethique, sobre Claude Alphandéry e as súas propostas para unha economía social e solidaria. Con eles, sabemos o que é posíbel conseguir”.
Con estes ánimos de Stéphane Hessel, eu tamén ergo a copa polos cidadán e cidadás que saben resistir. Faranos falta facelo no 2011.

5 comentarios:

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Un moi feliz ano, amigo Perfecto. Siga vostede, logo, resistindo. E que os demais o celebremos.

Anónimo dijo...

En vez de celebralo tanto podías ti tamén resistir algo, lambón.

xos dijo...

Década perdida para Europa, década gañada para Latinoamérica, (en xeral). Brasil, Arxentina, Uruguay, mesmo a Venezuela chavista, Bolivia, etc, ¿están mellor ou peor que no 2000? A maioría, significativamente mellor.

arume dos piñeiros dijo...

Celebro incluso o humor do graciosísimo anónimo: non é pouca resistencia para os demais.

Anónimo dijo...

am i able to take a vehicle insurance company to small claims court? The insurance business declined my claim, (I would go ahead and take at fault driver to small claims sadly I've got no address to serve them or send a demand letter). One other driver was at fault however his particular insurance company states that there can be a difference in this statements so that they have to use the word of their insured vs. my word. I think they acted in bad faith and did not accomplish a proper investigation would this be a valid claim in small claims court? I have to have some the culprit drivers insurance company (not my own) to small claims for any damages to my car.