miércoles, octubre 31, 2012

Anticatalanismo galego

Este panfleto distribuiuse en Castela
no ano 1932
Quen dixo que os galegos non sabiamos dar a nota? Para descifrar a cuestión aí está o comportamento dunha empresa do país que non atopou mellor cousa que facer que dirixirse por fax a unha empresa de confección e distribución de uniformes de traballo de Cataluña para anular un pedido que lle fixera destas prendas, por importe de 1.000 euros, dicindo que tomaban esta medida pola “actitude dos gobernantes cataláns”.A empresa afectada, Confecciones Joti, S.L., instalada en Vilanova d’Escornalbou (Tarragona), recibiu por fax a comunicación de que lle cancelaban o pedido, alegando motivos políticos polos que non a empresa galega non volverá a facer encargos a compañias catalanas.Xa estamos como no ano 32 do século pasado, no que elementos da extrema dereita española distribuían por Madrid panfletos como o que aparece reproducido aquí ao lado. O que non sei é por que tiña que ser un pequeno empresario galego, a xulgar pola escasa importancia económica do pedido, o que tivese que abrir o show anticatalán. De momento a empresa catalana afectada está sendo discreta e non dá a coñecer a identidade da empresa galega que está contra a soberanía do pobo catalán. Algún día aínda se ha saber quen é.

7 comentarios:

detective crepuscular dijo...

Curiosa esta carta que ven hoxe na Vanguardia e que lle envía a profesora de catalán en octavo de básica a LA MEVA EXALUMNA ALICIA. Que a lean e relean aqueles que cren cegamente nas "mentides" que non se cansan de difundir os altofalantes do "anticatalanisme caspós" que abreva en Madrid. Eu creo que se entende perfeitamente en catalán.

La meva exalumna Alícia
Cartas | 31/10/2012 - 04:54h
ÀNGELA FERRER I MATÓ

Girona

477 comentarios

Benvolguda Alícia, et vaig tenir d'alumna a classe de català. En aquell moment feies vuitè de bàsica i recordo que eres molt intel·ligent. Una petita anècdota era que sempre t'entestaves a escriure "a vegades" en comptes de "de vegades", influïda pel castellà que també t'ensenyàrem prou bé -i no ho pots negar-. Tenies la senyoreta Felisa. Saps que a la classe de castellà s'entrava dient "buenos días" i no s'hi permetia parlar català, i a l'inrevès. No pots dir, com fas "de vegades", que no s'atén prou bé el castellà a l'escola catalana. Saps que és mentida.

Respecto totalment que siguis del PP, i creia que series un enllaç entre Catalunya i Madrid, que defensaries els catalans, com a catalana que ets i blanenca, bona terra. Però quan has tocat de prop la importància de lluir-te personalment has arraconat tot el bé que hauries pogut fer per aquesta terra de bona gent que som els catalans. Tu saps, repeteixo que ets persona intel·ligent, que el Govern central ha fet i fa mal a Catalunya: carreteres oblidades, trens tronats, persecució de la nostra llengua... I segueixes defensant el teu cap i tot l'anticatalanisme caspós que encara cueja per Madrid.

Havies de ser un pont de diàleg i has estat un element contra la teva pròpia terra. O no et sents gens ni mica catalana? Em sap greu sentir com la gent que m'envolta -bona gent, tu ho saps- et critica i diu fàstics de tu. Què ha passat perquè una de les meves millors alumnes actuï així? No sents dins teu una mica de vergonya quan dius veritables barbaritats de Catalunya?

No sé si llegiràs aquesta carta ni si et dignaràs de contestar-la, però només desitjaria obrir un petit forat a la teva consciència perquè actuïs amb el cor defensant la veritat i les necessitats d'un poble que tu saps que és noble, treballador, font de riquesa i que no mereix el tracte que des de Madrid se li està donant.

Amb l'esperança que reaccionis i actuis emprant els valors que et vam intentar inculcar a l'escola quan encara eres una noieta amb tota la vida per davant, et saluda cordialment,


Anónimo dijo...

Para que vexades que a escola non é determinante, é a familia, sabe Dios que vería esa muller Alicia na sua casa para seren tan anticatalanista, o que realmente ten é "un moorro que se lo pisa" non o digo en sentido figurado digoo en sentido literal.

Anónimo dijo...

Imaxina, don Perfecto, que sexa mentira?. Ten un toque publicitario. ¡Un pedido de uniformes de 1.000 euros!. Ou son poucos ou son baratos. Haberá que pedir o catálogo desa empresa, que non identifica á galega, pero ela sí.

detective crepuscular dijo...

Isto xa parece unha caza de bruxas. Que pouca memoria histórica teñen algúns. O anticatalanismo encarrégase de mantelo vivo esa máquina de guerra ideolóxica que é a FAES e o PP inteiro. O triste é que os autodenominados progresistas do PSOE caian tamén nesa sobredose de españolismo selvaxe e desacomplexado. Escrebino hoxe á tarde no do Fermín Bouza e repítoo aquí: Algunhas das pasaxes do artigo de Rodríguez Ibarra no País (O RECTIFICA EL PSOE O ROMPE EL PSOE) parecen escritos por algún amanuense do obradoiro "literario" da FAES, ao servizo da España Roja antes que Rota. Por non falar do expresident de la Generalitat, José Montilla, que xa é dicer, que tamén dixo a sua e meteu polo medio os referéndums do ditador Franco. Que simpático e imaxinativo é vostede, señor Montilla. "Non se trata de odio ou animadversión contra aquilo que é catalán, trátase dunha cousa moito pior, é ideoloxía", como diría aquel lingüista da universidade madrileña (si, si, ledes ben, de Madrid). Que cousas ten a vida. Non queda outra que seguir resistindo o acoso da caverna españolista que ataca desde todas as frontes, reaccionarias e "progresistas". O anticatalanismo xa parece a nova festa nacional. E iso que de momento non se falou mais que de facer unha consulta. Non quero pensar que a cousa vaia para adiante (eu teño as miñas dúvidas, porque as direitas son as direitas e o negocio é o negocio). Oxalá que me equivoque. O que quedou claro, despois deste mes largo de controversia e bombas de fragmentación (nunca mellor dito) é que non é posíbel vivermos xuntos. Por moito que diga a Constitución, esa biblia en maos dos fanáticos. Así son as cousas.

Anónimo dijo...

"Algún día aínda se ha saber quen é". 1984

Luisfoz dijo...

Eu antes, nas festas, sempre tomava champanhe (não digo francês porque não há outro); desde que este monstros começaram tomo sempre cava catalão. Por um lado é uma mágoa porque gosto mais do champanhe mas fico com a consciência tranquila e a economia também o agradece.

Anónimo dijo...

Os cataláns son, de certo, moi monetarios e comerciais e, abofé, que venden ben barato, se é certa a noticia, pois, entrementes non digan quen é a suposta empresa galega, pode suceder que a noticia sexa unha argucia catalá para insertar un anuncio publicitario sen eles o pagaren, ou, é outra posibilidade,a empresa galega pode ser un particular reaccionario, quizais da extrema dereita españolista, que dende Galicia se disfrazou de empresa para patalear contra os cataláns,que, hai que dicilo todo, venden moito máis no Estado español do que compran.