lunes, febrero 04, 2013

Amigos, urticarias e parvoíces


Fun a Madrid para comer cos meus vellos amigos que, coma min, son ex traballadores do Grupo Zeta: Ignacio Fontes, César Lucas, Monty Padura, Miquel Porres, Enrique Barrueco, Fermín Vilches, Pepe Rielo e Mercedes Arancibia. Déronnos moi ben de comer en El Paisano, rúa Alburquerque 5, preto do café Comercial da Glorieta de Bilbao no que tantas horas da miña vida teñen transcurrido. De camiño ao restaurante, atopei a Fermín Bouza e a Mari Carmen Pena, vellos veciños do barrio cos que non me deu tempo máis ca intercambiar algunhas palabras. A Fermín, catedrático de Socioloxía da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, feliciteino polo excelente labor que está levando a cabo no seu blog El voto con Botas, e a Mari Carmen, profesora e investigadora da Facultade de Bellas Artes da mesma Complutense, polo seu recente e excelente libro Territorios sentimentales, Arte e identidad (Editorial Biblioteca Nueva, S.L., Madrid 2012).
Non tiven tanta sorte á hora da cear. Fun comer ostras ao antigo mercado de San Miguel, hoxe un xeitoso e pequeno centro gastronómico, e recibín tal carga de alergóxenos que rematei de madrugada nas urxencias do Hospital Gregorio Marañón, no que me atendeu un amabilísimo e eficiente médico co que só fun capaz de discrepar nunha cousa. “Isto pásalle por ser galego. A min non me pasa nunca, porque non me gusta o marisco”, díxome. Os da meseta deben pensar que polos nosos fisterrás confíns andamos sempre enchéndonos de moluscos.
De volta o domingo, lin no tren a Pérez Reverte. Magníifico artigo o que publicou esta fin de semana no XLSemanal, co título de Era sólo una perra, contando o que lle pasou a unha cadela de raza galga que morreu no Metro de Madrid sen que os responsábeis dese transporte público fixesen o debido para salvarlle a vida. Paga tanto a pena ler este artículo de Pérez Reverte que convido aos meus lectores a que lle boten unha ollada premendo sobre a reproducción que acompaña estas letras.
E hoxe pola mañá, aproveitando que tiña a miña irmá e ao meu cuñado de visita na miña casa, leveinos a que visitaran o mosteiro do Carboeiro e a igrexa do Corpiño e, xa de paso, convideinos a comer o estupendo cocido que dan en La Molinera de Lalín, antes de que se fosen para Lugo.
O día non me permitiu, polo tanto, conectar coa realidade ata pasada a media tarde, cando leo en El Pais o que dixo Rajoy en Berlín. “Reitero lo que dije el sábado –manifestou diante da Merkel–. Todo lo que se refiere amí y a mis compañeros de partido no es cierto. Salvo una cosa que es lo que han publicado algunos medios de comunicación. El Gobierno está con ganas, ilusión y fortaleza. Las afirmaciónes son absolutamente falsas”. Interpreten vostedes a parrafada. A min paréceme que se acaba de pronunciar a maior parvada mental, parvoíce diría un portugués, saída da boca dun político español. “...Salvo alguna cosa que es lo que han publicado algunos medios de comunicación...”. Que “cosas”, as que apareceron en El Pais ou as que publicou El Mundo? Hai que ver o que dá de si o nervosismo cando se fala diante da matrona.

3 comentarios:

Fervello dijo...

Xa non temos o bandullo para as ostras Perfeuto.Temos que andar con coidado a idade non da para máis.
Sobre o de Marianín. Que queres que che diga que ti non sepas. Esas declaracións, son moi enxebres, nin sube nin baixa a escaleira. E Españistán a tomar polo saco.

Anónimo dijo...

Pos si a Madrid vas, jodes la tua alma. Si mamas te con vino, quatro patas andarás.

Anónimo dijo...

El artículo de Reverte sobre la pobre perra del metro me parece improcedente.. Por muchos motivos, sólo citaré algunos.
1. Si el metro deja de funcionar unas horas de noche bien fácil lo tenían.Nada se dice sobre esto.
2. Los trabajadores no son responsables por no hacer parar el servicio..NADIE, con la que está cayendo se juega el puesto de trabajo por mucho que le duela el infortunio del animal
3. Si la perrita estuvo perdida cuatro días, pudo haber ído él mismo y bajarse a las vías a por ella. No entiendo porqué no lo hizo.
4. Que yo sepa Reverte es asiduo de las corridaa de toros????????????
Me gusta Reverte pero creo que en este artículo ha hecho demagogia pura y dura, ha mezclado churras con merinas(las huelgas), ha hecho apología de una sensiblería ñoña y selectiva Galga Vs Toros. Pero sobre todo ha demonizado a los currantes del metro poniéndolos a los pies de los caballos de una forma que no convence a nadie, por muy bien que lo sepa decir. El único culpable de esta triste historia es el dueño del animal.
Ese sí que es un idem.

Zorn.