viernes, julio 26, 2013

Os de Angrois


Estase a falar ben e moito dos veciños de Angrois, unha aldea próxima á capital de Galicia, que mostraron a excelencia humana botándose inmediatamente a salvar vidas e atender feridos no dramático accidente que vén de suceder en Santiago. Curiosamente, enfrascado como ando en reorganizar e catalogar a miña biblioteca, atópome co Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano de Eladio Rodríguez González, no seu tempo membro da Real Academia Galega, que tamén fala dos veciños de Angrois, pero da seguinte maneira:
“ANGROIS. Nombre una aldea próxima a la ciudad de Santiago, que ha dado lugar a la formación de varias frases y locuciones muy gallegas, funadas en un supuesto pueblo imaginario de habitantes rudos. // ¿Coidas que son de Angrois?, ¿crees que soy tonto y me engañas? // Non veño de Angrois, y también non vimos de Angrois, dícenlo aquellos que no quieren pasar plaza de cándidos, de ionecentes o de poco avisados. // Parece que vés de Angrois, se dice al que da señales de estar abobado o de tener corto entendimiento. // ¿Seica somos de Angrois ou que?, suele objetarlo el que cree que lo tomo por inexperto o por torpe”.
Por desgraza, tivo que suceder algo tan terribel como o que pasou o día 24 de xullo para que os de Angrois pasen á máis recente historia como excelentes persoas, cidadáns xenerosos e solidarios e exemplo de bonhomía. O paso dos tempos adoita presentar estes paradoxos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non sabía iso, Perfecto, cando eu era neno xa non se usaba en Compostela.

Anónimo dijo...

Yo nunca oí eso. Ser de Angrois era aslgo así como ser de Lepe...Ahora son unos héroes. Se lo merecen.

Anónimo dijo...

Eu si oín a frase despectiva "pareces de Angrois". Dixéronllo á miña muller nunha xoiería da vila coruñesa onde vivimos, situada a 45 quilómetros de Santiago, haberá uns catro ou cinco anos. A "señora" que llo dixo, que era a propietaria do establecemento,parecéunos moi bruta, aínda que polo seu tono non especialmente agresiva; cando a vexo pola rúa sempre me acordo daquel seu dito e dende agora moito máis; o meu pensamento e o meu abrazo agarimoso para todos eses defuntiños e as súas familias.

Xerardo Vidal dijo...

Como xa dixen no do Funambulista Coxo, ás veces danse reaccións a medio camiño entre o instintivo (dar axuda sen pensar) e o racional (solidariedade).
(Por certo: En Lugo, polo menos ata onde coñezo, non se emprega toponímico ningún para describir a rudeza. Dise sinxelamente "Seica vés do monte?".)
Saúdos

===
http://apequenanovelagalega.blogspot.com.es/