viernes, septiembre 27, 2013

Odiar o delito e compadecer o delincuente


Se Bécquer (grazas, corrector) vivise e estivese ao tanto do crime da nena de Santiago, revisaría a súa sonada frase referida á soidade na que rematan os mortos no cemiterio, para engadirlle algo sobre a soidade que tamén embarga aos que supostamente remataron a vida de Asunca Porto.
De teren ata unha voceira de luxo, María Teresa Navaza, que fraco favor lles fixo a eles e menos aínda a ela mesma, e senllos avogados que os defendesen –sen contar unha morea de veciños e coñecidos que tamén poñían a mao no lume por eles–, abondou con que o xuíz estrela Vázquez Taín ordenase o seu ingreso en prisión para que se desencadease un auténtico apartamento dos agora implicados no crime que antes eran figuras senlleiras e ata egrexias da vida compostelá. A nai da nena formaba parte da dirección do Ateneo e dalguna organización empresarial, entre outras cousas.
Está ben que a sociedade se aparte da delincuencia e chore con sinceridade pola morte dramática dunha mociña que prometía ir camiño de converterse nunha pesoa intelixente e preparadísima, pero non deberiamos equencer tanto o que dixo a nosa Concepción Arenal no tocante a odiar o delito e compadecer o deliencuante. Non me parecen nin heroicos nin moi de recibo os comportamentos dos dous avogados que empezaron defendendo a Rosario Porto e a Alfonso Basterra e que tiraron a toalla namais empezaren a verlle as orellas ao lobo, e mesmo sen que os ata agora seus defendidos tivesen opción de subsituílos. Tampouco lle vou felicitar esta vez un premio á miña amiga Teresa Navaza, que non sei por que se equivocou tanto representando un papel que a levou ata o límite do esperpento.
Celebro, dende logo, a efectividade e a eficacia da Garda Civil e do xuíz instrutor do caso, se é que finalmente se acaban demostrando as súas hipóteses, pero non me alegro nada do delirante espectáculo que deu algunha xente de Santiago, acundindo expreso á rúa para mostrar máis que nada os seus instintos primarios, nin da feira manipuladora que ofreceron boa parte dos medios de comunicación, sen dúbida coa colaboración interesada dalgúns investigadores do caso, ofrecendo versións infundadas e imaxes máis propias dunha teleserie de terceira ca dunha información responsábel. O crime de Santiago serviu para demostrarnos que cada vez hai máis televisión venezolana e menos –en realidade, ningunha– BBC.

5 comentarios:

detective crepuscular dijo...

Eu que aínda veño por AS UVAS NA SOLAINA para visitar os vellos blogs e os vellos blogueiros que nunca morren, dicer primeiro que celebro que vostede siga por aquí. Seguín pouco o caso da rapaza morta de Santiago, pero xa me parecen ben as suas palabras. O "culebrón" converteuse na bandeira televisiva que guía calquer suceso ou acontecimento. De todo se fai un culebrón. Tempos atroces e "culebrónicos".

Anónimo dijo...

Como profesional que ha dedicado su vida a defender los derechos de la infancia, me parece un tópico injusto hablar en éste y en otros casos parecidos de "instintos primarios" para criticar la indignación de la gente ante este crimen.
No hay nada de primario en sentido despectivo en sentir rabia hacia la crueldad de adultos sin corazón. Tampoco comparto el esfuerzo por hablar de esta madre criminal en términos más blandos de los que usamos cuando el criminal es varón, o de una ideología no ilustrada, o menos socialmente respetado que esta mujer. En esos casos pocos invocan la compasiva frase de Concepción Arenal

Perfecto Conde dijo...

A vostede parécelle un "tópico inxusto" falar de "instintos primarios" para criticar a "indignación da xente". A min paréceme pouco respetuoso cun verdadeiro entendemento do actual estado de dereito sentenciar antes de tempo a unha "madre criminal", como determina vostede.
Non se apresure tanto. Agarde a que o correspondente e propio tribunal de xustiza emita unha sentenza legal. Todo o demais, diga o que diga vostede e sexa cal sexa a súa condición de "profesional que ha dedicado su vida a defender los derechos de la infancia", non deixa de ser tamén outra reacción "primaria" máis, no tocante a este dramático suceso. E xa as hai de sobra.

Anónimo dijo...

Me produce verdadero pánico y tristeza la multitud enfurecida que pasa del aplauso al abucheo en cuestión de minutos. Odio a la gente que va a insultar y, si hace falta, a tirar la primera piedra a las puertas de los Juzgados, sea quien sea el acusado. Tenemos una Ley que debe encargarse del castigo. La chusma vociferante me pone el vello de punta.

Anónimo dijo...

Bécquer, non Larra.