viernes, enero 31, 2014

Pedro J. Ramírez


Non sei case nada a que se dedican as facultades de Xornalismo, pero se algún dos seus responsábeis actuais me preguntara acerca de algo urxente que houbese que facer nelas, non dubidaría en responderlle que se estudiase a fondo o fenómeno Pedro J. Ramírez, ese todopoderoso xornalista que acaba de ser derrotado polo seu propio exército.
Con Pedro J. pódese estar de acordo, en desacordo ou as dúas cousas á vez, pero o que non encaixa co personaxe é calquera forma de neutralidade. O a piques de converterse en ex director de El Mundo é máis de dereitas ca José María Aznar e Mariano Rajoy xuntos, pero aos de esquerdas pode gustarnos máis algunhas veces ca un pack formado por Felipe González, Cayo Lara e Xosé Manuel Beiras. Pedro J. é o que se di un cabrón con pintas, pero é imposíbel interpretar ben a sociedade española dos últimos cuarenta anos sen a súa concurrencia intensísima no xornalismo contemporáneo.
Por todo isto cáusame certa desazón, algunha tristeza e moita carraxe comprobar, unha vez máis, que os omnipresentes e omnipotentes garfios da dereita económica e política que se apoderou do mundo remate sempre afogando os seus propios fillos cando pensa que se desvían do camiño a seguir. Con Pedro J. non puideron nin Felipe González, nis os GAL nin a ETA, pero rematou descabalgándoo un político de tan irrisoria importancia coma Mariano Rajoy. O caso é triste e dá moito que pensar.

3 comentarios:

Luisfoz dijo...

Muito bom, Perfecto. Lembremos como também liquidou José Luís Gomez primeiro e O Xornal depois. Estes "liberais" são muito pola liberdade e a pluralidade da imprensa

Unknown dijo...

Pero ti que tes acceso a fontes ben informadas e adicácheste investigación respóndeme, si queres por suposto, a esta curosidade.¿E posible que o indemnicen con 20 millós de Euros?.

Voz en off dijo...

O que quería facer Pedrojota agora era moi heavy. Botar un presidente democrático para poñer a Esperanza Aguirre.A financiación do PP non a inventou Mariano e tamén gozou dela o compañeiro de paddle de Pedrojota.