sábado, julio 12, 2014

De iletrados e bárbaros


Aínda vai resultar que os coroneis da Real Academia Galega son todos e cada un unha especie rara de sanfranciscos de Asís que nunca rompen unha folla nin pisan unha fror. Con tal de levaren os zapatos ben lustrados son quen de roubarlle o betún a todo quisque que se atreva a facerlles algunha crítica. E parece que, no tocante a todo isto, son todos iguais, sexan de dereitas, de esquerdas ou mediopensionistas. No fondo son como os médicos que había antes, corporativistas por riba de todo.
Non hai máis ca ler as declaracións que viñeron facendo os que abriron a boca pola polémica que ocasionou a designación de Xosé Filgueira Valverde para celebrar o Día das Letras Galegas do 2015. Hainos, coma X.L. Franco Grande, que ata se atreven a examinar de cultura xeral aos “que enchen diarios, blogs e demais medios coas súas protestas e desaprobacións sobre o autor elixido”, deixándonos a todos para setembro porque, segundo el, “nin leron a importantísima obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde, nin saben que nunca, ao longo da súa longa vida, deixou de servir á causa de Galicia, nin que, en momentos aínda difíciles, defendeu con brillantez nas Cortes franquistas o estudo da lingua galega, nin que en actos oficiais, dos que hai representación gráfica, mentres outros erguían o brazo ao xeito fascista, el mantíñao baixado...”.
Deixando de lado ou para mellor ocasión a “representación gráfica” que pode haber sobre a colaboración co franquismo e cos seus símbolos atribuíbel a Filgueira Valverde, sorprende a actitude intelectualmente belicosa destes sumos sacerdotes da nosa cultura, repartindo bulas de sabedoría e diplomas de antibarbarie. Franco Grande ata revolve no subconscente da cultura galega dicindo que Filgueira "non fixo poemas a Franco nin ás forzas represivas, como certos supostos esquerdistas”, e que “xa quixeran os que tanto barullan ter no seu haber unha pequena parte da entrega ao país e á súa cultura que el tivo”. Está claro que Franco Grande non se refire a Álvaro Cunqueiro, que non foi un suposto esquerdista nin lle escribiu poemas a Franco senón a José Antonio Primo de Rivera, nin a Gonzalo Torrente Ballester ou a Eugenio Montes. Esta malicia do señor académico vigués sabemos todos por onde tenciona ir, e non representa precisamente un carro cargado de elegancia.
En fin, que maneira máis simple de arremeter contra os que critican a designación de Filgueira chamándolles iletrados e bárbaros. Iletrado non sei, pero bárbaro seguramente será algo quen fai un uso tan primario da súa ilustración. Xa estamos chamándolles estranxeiros aos que non pensan coma nós, e iso é o que fan os nacionais das patrias excluíntes.

7 comentarios:

José Manuel Álvarez Veiga dijo...

Fraco favor lle fixeron "os da Academia" a Filgueira Valverde. Só un grupo de "iletrados e bárbaros" coñecían as súas filias políticas ben difusos detrais dunha obra se cadra ben interesante e que pasan a ser públicas, publicadas e notorias para a multitude ignorante. Malia a miña confesa ignorancia da súa obra sempre o situei con respecto a Galicia nese fatado de "galegueiros" que de xeito oportunista sempre pretenderon situarse á altura dos galeguistas históricos. Ben seguro que por ser un perfecto descoñecedor da súa obra poidera estar nun erro...

Anónimo dijo...

No conozco mucho de la obra de Filgueira, pero si sé or gente que lo conoció personalmente que fué un intelectual de cierta altura, que creó la A.de Estudios Galegos y el Museo de Pontevedra. Una cosa es la obra intelectual y, otra bien distinta el valor cívico y, los eruditos pueden ser tan "defectuosos" en su vida personal como un albañil o un abogado. Qué deberíamos hacer entonces con el caso de Josep Plá que coqueteaba abiertamente con el franquismo? No leer a uno de los mejores escritores, más irónicos y "retranqueiros" por ese motivo? Y qué de Quevedo famoso por su antisemitismo,O Borges "Premio Cervantes" con su apoyo a la dictadura argentina? Y el Cunqueiro falangista, el Risco que enaltecía el régimen de Franco mientras algunos de sus compañeros eran fusilados? Una cosa es el intelectual y otra muy diferente el ser humano. Qué duda cabe que lo ideal sería que reunieran todos las virtudes en una sola persona. Pero eso no es posible y, además, nos hubiésemos perdido muchos de sus conocimientos porque no son perfectos.Leo a mucha gente con la que no estoy de acuerdo en algunos valores, pero son muy buenos y no me los perderia por nada del mundo, incluso a Heidegger o Ezra Pound, con sus luces y sus sombras.

Marisa

Anónimo dijo...

Marisa, ninguén di que non hai que ler a Filgueira, a Cunqueiro ou a quen sexa. A min, persoalmente, encántanme as novelas de Celine ou os escritos de Borges. Pero outra cousa é que haxa que homenaxealos esquencendo as súas dimensións politicas e sociais. Concretamente a Filgueira non se debeu por por diante de Carvalho Calero e doutros máis.

Anónimo dijo...

Entiendo,pero partiendo de esa premisa, se ha homenajeado a Risco, Noriega...antes que a Carballo Calero y otros más. Opino que esta es una discusión algo bizantina. Todos los homenajeados hicieron algo por Galicia, en mayor o menor medida y eso es, en mi opinión muy modesta, lo importante.

Marisa.

detective crepuscular dijo...

O primeiro anónimo parece que se "inspirou" no artigo "O raro e antigo debate sobre Filgueira Valverde" de Antón Baamonde. Polo menos, os autores que cita aparecen cravados no artigo do filósofo de Vilalba. Está ben, ho, está ben, hai que citar aos mestres. Ou ao mellor estoume pasando e non os copiou do Baamonde, porque como son os exemplos de rigor... pois todos os sabemos de memoria. Claro que tod@s temos as nosas luces e sombras, pero neste caso eu penso que o que hai é mais sombras que outra cousa. AS SOMBRAS DO PP, que anda en todas.

http://blogs.elpais.com/o-cafe-na-trincheira/2014/07/o-raro-e-antigo-debate-sobre-filgueira-valverde.html

Anónimo dijo...

Ha salido usted como un toro del toril, a saco. Si he copiado el artículo del sr. Baamonde no le incumbe en absoluto, mucho menos le daré explicaciones sobre el asunto. sus maneras de francotirador no me gustan. Debería usted "copiar" la inteligente ironía de nuestro Cunqueiro la suya es agresiva de más. Y sí, sí se ha pasado de listo, por supuesto con nombre ficticio.

Anónimo dijo...

Benqueridiños todos/as (non vaia se-lo demo)tanto iletrados coma bárbaros e medio-pensionistas: Prego repasen escoiten as lindezas do profesor ( nunca me deu unha clase de língua no instituto)cando o cativo xeral (Paca la culona) esnaquizaba unha cidade, repasade o arquivo sonoro de aj40 radio Pontevedra, vostedes mismos serán quen de porlle adxetivo a D. José Filgueira ( coma intelectual).
Saude.
O demo do Manolo