lunes, agosto 25, 2008

Mara saúda a Gaciño

Hola Gaciño:
Son Mara, a Bulldog Americana do teu amigo Perfecto. Contoume que mandache unha mensaxe de condolencia pola morte de Okiño. Eu aínda non me metín nesta cousa rara de Internet e, para saber o que pasa, teño que agardar a que mo conte o meu amo. El, Cristina e máis eu fomos pasar a fin de semana a Xinxo, na provincia de Lugo, onde naceu o xefe, e leváronme coñecer o sitio onde atoparon a Lucas hai doce anos. É un lugar magnífico, á beira do río Eo, onde agora van rehabilitar unha minicentral. Aínda que eu non son cadela moi dada a viaxar nin a pasar o tempo fóra da miña casa, a verdade é que o pasei moi ben e regresei ao Instrumento cansada pero moi contenta.
Decídinme a escribirche porque me caeu estupendamente que te acordaras de Oki. Era un perrenchudo, pero un bo can. Ata diría eu que era unha boa persoa. A min, ás veces, alporizábame porque sempre quería mandar el. Era unha moto, aínda que era vello e estaba maliño o pobre. Estando xa a morrer, quíxome trabar e tiven que saltar da súa cama coma quen fuxe do estourido dun foguete. Eu tamén o vou botar moito en falta, aínda que confeso que agora, como son o único can da casa, síntome realmente a reina de Saba.
Como me chamou tanto a atención a túa mensaxe, pregunteille ao amo por ti. Desculpa que a a miña preguiza intelectual canina me impedira ata agora ser sabedora da túa importancia. Díxome que eres un dos xornalistas máis importantes dos que traballaron en Galicia nos últimos tempos. Explicoume todo o moito e bo que fixeche durante os anos que currache nos xosnais galegos El Ideal Gallego e La Voz de Galicia e contoume da túa recalaxe na televisión andaluza Canal Sur. Polo que aprendín de ti, cáesme moi ben. O meu amo di que é moita mágoa que non ficaran máis xornalistas coma ti en Galicia. Tamén me informou de que agora escribes artigos n'A Nosa Terra, pero, xa sabes, os cáns sómosche pouco nacionatas. Se cadra é por iso que dicía Castelao de que ladramos igual aquí que na Bretaña. En realidade, penso que o de Rianxo non nos coñecía moi ben senón non diría tal parvada. Eu só coñecín un can da Bretaña, o dunha amiga do amo, de Rennes, que veu un día ao Instrumento, e percateime de súpito de que non ladraba coma min. Claro que eu son algo rara pois procedo dos Estados Unidos, crieime en Almería e rematei a dez quilómetros do nicho que comparten o Apóstol Santiago e Prisciliano. Iso sí, o idioma no que que ladro mellor xa é o galego. Os do BNG queren que me afilie e ata me prometen darme algún carguiño cando aproben a Lei da Igualdade Animal, pero eu, dende que vin que por aquí alguén pintou letreiros que din "Anarquía na Mahía", volvinme ácrata e non paro de preguntarlle ao amo cando ven vernos Javier del Valle Inclán Alsina, que sei que se leva moi ben con el.
En fin, Xosé Antonio, ou Xosé Antón, ou José Antonio ou como demo sexas. Gaciño sóame máis apopiado. Que quero que saibas que serás ben recibido por min –e non digamos polo meu amo, que é o que me falou de ti– cando veñas pola nosa casa. Se tes cans, podes traelos. Eu prometo non trabarlles a non ser que me toquen moito o remollo. Insisto, xente coma ti fainos falta aos animais, pero tamén coido que precisan dela as persoas. Viva Andalusía manque pierda, mi ninho!

2 comentarios:

José Antonio dijo...

Querida Mara: non creas que eu manexo isto con máis xeito que ti. Escrebín unha carta, pero creo que non a mandei correctamente e volvo a escribila, con certo retraso porque non sempre teño tempo para entrar no blog do teu xefe (non me gusta o de "xefe", pero gústame menos o de "amo" que ti utilizas). Sorprendeume positivamente que me escribiras para contarme as túas impresións personais sobre o desaparecido Oki e a viaxe por Xinxo, na busca das raíces. Tes a sorte de convivir cun dos periodistas más importantes (e máis sabios) de Galicia no último medio século, e un dos máis xenerosos no eloxio aos seus amigos, entre os que me honro de formar parte, todo un galego universal capaz de enamorarse do Mediterráneo sen facer de menos á súa terra, que é tamén a miña, ainda que a comparta co sur. Transmítelle o meu máis afectuoso saúdo e cóntalle que estou desexando aparecer por ahí e darlle unha aperta, e compartir o seu bo viño (e algún que outro gintonic) para recordar os vellos tempos dos soños de liberdade. Un bico, Mara. Gaciño.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,