lunes, agosto 25, 2008

Se aprendesen de Lípari


Cada vez me resulta máis chocante o caso da Cidade da Cultura. Leo hoxe en El País a entrevista que lle fai Xulián Rodríguez ao flamante presidente desta megalópolis artificial, Xoán Manuel Urgoiti, e fico máis confundido que nunca. Confeso que ata agora eu non oíra falar deste Bill Gates doméstico, no que parece ser que Touriño depositou as súas mellores esperanzas para sacar adiante un poxecto que naceu marcado pola megalomanía fraguista e rematou atascado na incertidume do cambio político que prometeron –e aínda non cumpriron– os socialistas e os nacionalistas galegos.
Para empezar, son dos que nos mostramos sorprendidos e sumamente alarmados polo feito de que remate en mans privadas a importantísima inversión pública empregada en por a andar primeiro e reconducir logo o que, segundo uns, ía ser o mausoleo de Fraga e, segundo outros, a emulación galega do Guggenheim de Bilbao. A min resúltame curiosa e, dende logo, discutíbel, esta maneira de privatizar por parte dos actuais gobernantes de centro esquerda algo que foi concebido para ser de todos polo goberno de dereitas que caeu a tentación de pensar que somos un país que podía ter pozos de petróleo.
Non acabo, por outra parte, de ver claro a onde nos quere levar esta privatización. Hai que deixar realmente levarse polos tópicos para limitarse a dicir, como declara Urgoiti, que “a creación dunha fundación con maioría privada permite unha maior flexibilidade de movementos, sobre todo no que se refire a financiación e contratacións”. Estes homes do bussiness acostuman a expresárense sempre como se só tiveran na cabeza a idea de abaratar os custos do que sexa, especialmente a forza do traballo. Ao xenio contratado polo presidente da Xunta non se lle ocorre dicir que imos ter un novo Pórtico da Groria ou que Peter Eissemann vai pasar á historia como o novo Mestre Mateo, non. Todo o que ten que transmitirnos é que “o modelo de xestión será privado, e iso é o importante”. Mesmo os agnósticos e os ateos teremos que rezar para que Deus nos colla confesados.
Claro que, se un segue lendo a entrevista, percátese de que todo o que ten que dicir da crise económica actual este xenio do financismo privado é que “a pregunta do millón, para a que non teño resposta, é cando rematará isto”. Aclárolle ao lector que non se refire a cando rematará a Cidade da Cultura, que sen dubida tampouco o sabe, senón á crise económica.
Eu acabo de estar na illa italiana de Lípari, un dos poucos paraísos terrenais que aínda van quedado, e comprobei o moito que pode dar de si e o importante que é manter aberto un museo como o que hai alí, atendido a penas por unha ducia de persoas, con instalacións que custaron a enésima parte do que custa a Cidade da Cultura, miles de visitantes diarios e un labor científico e antropolóxico extraordinario. A Lípari só se chega en barco –miles de veleiros, iates e buques de pasaxeiros cada ano–, pero aínda así cada vez somos máis os cidadáns do mundo que saímos dalí admirados polo seu museo, entre outras cousas. Naomi Campwell e o presidente italiano, Giorgio Napolitano, entre outros, cando eu pasei pola illa. Claro que en Lípari non se molestaron en encargarlle un conxunto de edificios caros a ningunha figura mundial da arquitectura máis cara. Limitáronse a aproveitar o que deixaron na illa gregos, romanos, normandos, árabes e españois para facer o seu marabilloso Museo Archeologico Regionale Eoliano. Ai, se houbese en Galicia un coma aquel, non só nas grandes cidades senón ata en Ribadeo, poño por caso! Pero non, aquí andamos nas grandes obras que son as que empregan máis toneladas de cemento e deixan máis comisión. Que lles aproveite o mausoleo a Fraga, a Touriño e a Quintana. E a ver se vale para que a iniciativa privada arrapañe alguna ganancia máis.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Privatiza que algo queda. Estes tiburóns neocon, só falan de mercado, mercado e mercado, xa estamos fartos de tanto mercado que imos afogar. Ese puto mercado que que nos toman por números e non como persoas lle vai a estourar calquera día nas súas máns.
O mercado fai caer avións,os barcos de mercancías perigrosas andan no mar como bombas flotantes con tripulacións collidas ao lazo nas estepas que navegan polo caldo.
Aínda non sei como non caen máis avións e non temos moitos máis "prestiges". Debe ser un anxo que nos protexe.
A Cidade da Cultura xamais se debeu seguir adiante con ese mausoleo, que o deixaran como estaba para que os turistas o visitaran como ruinas do últmo faraón.
¿E así queren gañar as vindeiras eleccións?. Dous partidos que en teoría tiñan que ser a bandeira dos valores éticos e morais, da humanización da cultura, van e privatizan. Que lles den moito ...........

Kalikatres dijo...

Que razón leva, don Perfeuto. Estámoslle en tempos de mediocridade. Antes as grandes ideas sobre cultura galega pocedían de mentes preclaras comas de Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Cuevillas, Ramón Piñeiro ou o seu amigo mozo Fernández del Riego.
Agora, xa ve, calquera antigo tendeiro, un banqueiro de andar pola casa, ou un maragato calquera, son os que nos deseñan o futuro. E, o que aínda é pior, son os que nos administran ese futuro seguindo só os seus particulares intereses. ¿Onde están os intelectuais críticos e creadores do noso tempo? ¿A que andan Ferrín e Alonso Montero? ¿De que nos sirve Manolo Rivas? O que di vostede, que Deus nos colla confesados.

Anónimo dijo...

É sen dúbida decepcionante a entrevista de marras. Nin unha idea que teña que ver ca Cultura. E, por certo, unha grosería manifesta o de falar so de economía cando se esta a falar de Cultura. Semella que o bigobiernito dimite da súa responsabilidade de tomar decisións en relación ca Cidade da Cultura e pásalle a patata quente ó sector privado.
Señores Touriño e Quintana: vostedes foron elexidos para asumir responsabilidades e non para darlle unha participación maioritaria o sector privado. Os erros poden ter perdón, a inoperancia, a abstinencia, o gris no deberían telo.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,