lunes, octubre 04, 2010

Un tal Gómez

Seguín onte con moito interese as eleccións internas que levaron a Tomás Gómez a desempeñar un rol importantísimo para a futura socialdemocracia española e que, sen dúbida, conducen a Zapatero á derradeira fase da súa agonía política. Sen que me fose nada persoal na lide, alegreime enormemente polo resultado favorábel que logrou o ex alcade de Parla (Madrid), polo que significa de política apegada aos feitos reais, á militancia política básica e e ás maneiras sinxelas e directas de abordar a realidade, moi lonxe da política de pasarela e entreguismo cara a que viraron Zapatero e os seus magníficos e magníficas nos últimos tempos.
Non hai máis ca ver como viste, como fala e como se comporta en xeral Tomás Gómez para decatarse de que empezaron a rematar no PSOE o nefasto look Vogue e a filosofía da rúa Serrano que estivo probablemente a piques de devolver o partido de Pablo Iglesias a outros cen anos de vacacións. A min paréceme, neste sentido, que Gómez é a gran esperanza da socialdemocracia española, o líder que pode mandar a Zapatero aos cuarteis de inverno nos que debe rematar a súa incomprensíbel e perniciosa deriva neoliberal e a insultante falta de escrúpulos e de coherencia que mostrou dende que o mundo entrou en crise.
Non sei se Gómez logrará desprazar á dereitista Esperanza Aguirre da presidencia do goberno autónomo madrileño, pero sería bo que o fixese. Entre outras cousas, para que puidese ser o sucesor que Zapatero non precisa, pero si necesita e moito a sociedade española. Zapatero empezou sendo un Gómez calquera e rematou parecéndose a Sarkossy e a Berlusconi. A min Tomás Gómez lémbrame máis a Tierno Galván, a Mitterand ou mesmo a Olof Palme. Que teña unha boa viaxe de ida, e que Zapatero saiba facer como debe a súa de volta (a ningures seguramente). E que leve con el a Xosé Blanco e a Alfredo Pérez Rubalcaba.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Sempre me lembro da Trinidad polas súas posicións ultras en contra dos procesos de América latina. Os seus dicursos son moi parecidos aos da ultradereita do PP .
O de Gómez, pode ser que sexa agora un home de esquerdas, no bo sentido da palabra, pero xa combiará, os neoliberais do PSOE xa o joderan vivo.
Non recordades aquelas palabras de Zapatóns: "nunca os defraudaré".
Carallo, se chega a defraudarnos non respiramos ni o ar.

Anónimo dijo...

Concordo con don Perfeuto. O zapaterismo acabouse e non é mala cousa que, o tempo que se certifica una frustración, xurda una esperanza. Se non é o sucesor, deixenme que pense que pode chegar a selo. Porque se non é así ¿que facemos? ¿agardar una longa noite de pedra marianista?

Anónimo dijo...

Onte á noite, mentres os siarieros de Trini aplaudían con modos de concerto de música clásica, os de Tomás Gómez daban apertas moi creíbles e mesmamente apertabanse ó novo líder con unha espontaneidade que pon en evidencia a existencia dun equipo, a apoio sinxelo.
Nada que ver cos caróns institucionais que apoiaron á Trini.

Enric Juliana dijo...

El hombre que mató a 'Trinity Valance'

Enric Juliana | 04/10/2010 |

Es una gran película con un guión de los de antes; un guión digno de ser estudiado en todas las escuelas de Ciencias Políticas. Una pieza maestra del escritor James Warner Bellah para John Ford. El hombre que mató a Liberty Valance.

El congresista Ransom Stoddard (James Stewart) cuenta como conquistó el estrellato gracias a una acción heroica que en realidad tuvo un protagonista oculto. Movido por nobles sentimientos y también por la insensatez, Ransom se enfrentó un día al forajido Liberty Valance, dueño y señor de Shimbone, pequeña localidad del Oeste. Tenía todas las de perder, pero la bala que resolvió el duelo a su favor salió del rifle de su amigo y rival Tom Doniphon (John Wayne), condenado a seguir en una esquina de la historia, porque no eran suyos los tiempos de ley y orden que la gente de Shimbone reclamaba. Ransom conquistó el escaño y la novia que un día estuvo a punto de ser para el bueno de Tom. Ganó una bella mujer, una envidiable carrera política y una leyenda: el hombre que mató a Liberty Valance.

Sin la tensión de un buen western, sin esa heroicidad antigua que tenían los hombres cuando todo estaba por construir, casi podría decirse que el episodio de anoche en Madrid, magnificado por unos medios de comunicación sedientos de que en España pasen cosas, ha elevado a Tomás Gómez, alcalde metropolitano de Parla, a la categoría de héroe nacional, sin que sea suya la bala que ha tumbado al todopoderoso aparato del PSOE en el asfalto de la plaza Callao de Madrid.

Valiente y temerario como Ransom Stoddard (aunque sin la blandengue bonhomía de James Stewart), Gómez, el hombre hecho a sí mismo que nació en Holanda hijo de padres emigrantes, el chico de la calle Gluck de la canción de Adriano Celentano, que regresó a Parla para reponer un poco de verde allí donde sólo había cemento, tuvo el coraje de enfrentarse a los designios de José Luis Rodríguez Zapatero, José Blanco y Alfredo Pérez Rubalcaba, el triunvirato que hoy encarna el poder político en España.

Gómez tuvo el arrojo de dar el paso, pero la bala certeramente disparada desde un porche en la penumbra ha salido de la boca de un rifle llamado Disgusto.

Cuando la televisión informó anoche de la victoria de Gómez, un ligero calambre de satisfacción recorrió el espinazo de la entera sociedad española.

La gente le tiene ganas al presidente del Gobierno. Este es el dato más contundente del momento. Lo reflejan las encuestas (credibilidad por los suelos y 13 puntos de ventaja para el PP) y se respira en la calle. La victoria del de Parla envía una interesante señal sobre la transpiración interna del Partido Socialista, a la vez que agrava su actual debilidad.

La señal de "todos contra Zapatero" ya está dada. ¿Qué hará ahora el presidente? ¿Aguantar hasta mayo, acentuando la previsible debacle del PSOE en las elecciones locales? Le queda otra opción. Dimitir, abandonar antes de la primavera, cediendo la presidencia a un socialista de fibra (¿Pérez Rubalcaba?), que intente evitar el desastre anunciado.

Y en medio de la balacera, el PSC pasaba por allí.

Anónimo dijo...

¿Tomás Gómez líder da socialdemocracia ? Ben, agora pode que si o sexa, pero non o era desde logo ata onte mesmo. Quede claro, por exemplo, que ata hai ben pouco defendía a ausencia do imposto do patrimonio, e tiña unhas poscións absolutamente centristas en Madrid. De feito, en poucas reivindicacións da sociedade civil madrileña (se iso existe aínda, comparada coa galega desde logo non) estaba el polo medio. Eu, que vivo en Madrid, non o oín falar de educación nin sanidade demasiado, non fixo unha férrea oposición a Esperanza Aguirre desde a socialdemocracia.
Este home descubriuse de esquerdas agora, para derrotar a Zapatero.
Ben, estupendo, polo menos, cambia a orde, que adoita ser "empezo cun discurso de esquerda e acabo facéndome de centro liberal". Se Gómez fai o contrario, por min estupendo, en realidade, mellor así que da outra maneira. Pero só se reivindica como fillo de obreiro desde as primarias, non antes. Tamén hai que entender que para o PSM Zapatero é un raro federalista da periferia (que o sexa de verdade ou non, é outro tema)
Espero que lle vaia ben e derrote a Esperanza, pola conta que me trae como madrileño que son, por moi galego de orixe que sexa, e tamén para furar un posible e terrible dominio da dereita máis terrible, que pode vir en 2012

Anónimo dijo...

Creo que vives na inopia

Anónimo dijo...

ë unha mágoa o pobre nivel do análise político da prensa galega, e tamén de boa parte dos diarios de Madrid

Tomás Gómez non é o candidato das bases. Tomás Gómez é o tipo posto a dedo por Zapatero e Blanco ó fronte dos socialistas de Madrid no 2007. Daquela a FSM estaba feita unha merda polo tamayazo

Claro, como era 2007 e Zapatero estaba ó alza:

- Ninguén pediu primarias
- Tomás Gómez non pediu primarias
- A ninguén lle importou o que pensaba a militancia
- Os socialistas madrileños non pensaron entón que ZP se entrometia nen falaron de inxerencias
- Ninguén reparou en que Gómez non era diputado na asembleia de Madrid, co que non lle puido facer oposición estes tres anos ó PP.

Resultado, na miña modesta opinión. Que Tomás Gómez apuntouse ó dedazo de ZP ó seu favor cando ZP estaba de subida e o rexeita agora que ZP está de baixada. O que revela que posiblemente Tomás Gómez non sexa mal político... pero dendo logo non é o político que a xente di que é.... o que pasa e que andamos orfos de líderes e ó primeiro que asoma a patita o convertimos en Robin Hood

Anónimo dijo...

¿Devolvió la llamada a Esperanza Aguirre?

Luisfoz dijo...

Eu também gosto do Tomás. Bom dia a todos, há tempo que não entrava aqui, as minhas desculpas