viernes, noviembre 26, 2010

Don Paco

Finou Fernández del Riego cinco semanas antes de que cumprira 98 anos. Xa non poderei volver a fumar puros con el nin beber Terras Gauda e tomar unha copa de Ballantines. Durante máis dun ano estiven indo comer con el á súa casa de Vigo case todos os xoves, e foi unha das experiencias máis interesantes e divertidas da miña vida. Don Paco era, antes de todo, unha excelente persoa coa que daba gusto falar e pasar o tempo. Para min, por riba da súa enorme personalidade de galeguista e intelixentísimo dinamizador cultural, estaba a súa figura de home de ben, entrañábel e xeneroso que non esquencerei nunca. Había poucos coma el. Francisco Fernández del Riego déixanos abondo máis sós do que estabamos antes de que marchara cara o seu reencontro con Álvaro Cunqueiro. Seguro que a estas horas xa están os dous –con Xosé María Castroviejo de testemuña– lembrando a inesquencíbel viaxe que fixeron xuntos á Gran Bretaña.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu sei de un, e non quero ollar para ninguén, que ten a obriga de verter as derradeiras testemuñas de don Paco a algun documento, convencional ou dixital.
Ou é que o don Paco dáballe de comer para mirarlle so a súa faciana, Quizáis, ou por non aburrirse.
¿É certo que ten vostede no seu magnetófono horas e horas de conversacións, moi posiblemente a maior e mais reflexiva declaración de don Paco nos seus últimos tempos?

Ana dijo...

Dame pena non saber quen foi,por ignorancia,porque non soi española (adoptada por galicia),mais por as palabras que lle dedicas entiendo que foi grande e se merece esta sinxela dedicatoria.

Bicos

Luisfoz dijo...

Foi-se um grande, de verdade. Muito se fala da geração Galáxia ou de Grial, mas que diferença entre Piñeiro ou Sabel e dom Paco.
Que a terra lhe seja leve

Almiral Mouchez dijo...

Don Paco del Riego -coma Cunqueiro e tantos outros...- tiveron en vostede, Don Perfeuto, o interlocutor que desexa todo home intelixente.
Non me estraña que lle quixesen tanto como lle quixeron e como hoxe mesmo, sen dúbida, alá onde eles estean, lle seguirán querendo.

Almiral Mouchez