jueves, noviembre 11, 2010

O Papa de uniforme

Non pensaba escribir nada sobre a recente visita do Papa. Parecíame un tema lonxano, case alleo, ata superfluo. A magnífica interpretación gráfica que me manda o xenial López faime cambiar de opinión. Efectivamente, Benedito XVI a penas viu en Santiago máis xente ca que ía de uniforme.
Os altos dirixentes da Igrexa Católica deberían tomar nota e reflexionar sobre a onde queren ir. A visita do Papa a Santiago foi una mostra moi expresiva do excesivo amor que actualmente profesa o Vaticano aos poderes terrenais. Pompa, elitismo, aillamento afogante dentro dos aparatos securitarios. O Papa non parecía un peregrino. Parecía Franco camiño de Meirás. ¿E querían así que houbese moitos crentes celebrando a súa chegada? Non sei se Cristo volvería a coller o látigo como cando botou os mercaderes do templo.

5 comentarios:

Ramiro Cartelle dijo...

Xenial a viñeta. A min o que me fai graza deste home non é tanto el, que me fai de todo menos graza, senón os hooligans que insisten na altura intelectual do ghicho. Un tipo que xa provocou varios problemas por botar a lingua a pacer e un "intelectual de altura" que di que en España estamos como no 36. Malo para un intelectual de "prestixio" non coñecer a realidade; peor se se fía de Rouco & Cía.

Luisfoz dijo...

E que não havia outra. O caminho a Teu foi óptimo; vede-o em seioque.com

Anónimo dijo...

Querido Don Croques: Hoxe non coincido con vostede (no que atinxe á opinión sobre este asunto, vaia), pero como é natural non podo deixar de pasar por aquí para enviarlle, co cariño de sempre, o maior dos abrazos.

E por certo: o mellor día para visitar Santiago non era ese sábado no que Compostela parecía un cuartel da Gestapo.

ALMIRAL MOUCHEZ

Anónimo dijo...

Sweet forum. Thank you for the chance to share with all you great people.
Y'all rock! Check out my site:
[url=http://www.sydneycitydental.com.au]Cosmetic Dentist[/url] [url=http://www.lookwhosblogging.com][img]http://www.lookwhosblogging.com/images/smile.gif[/img][/url]

Anónimo dijo...

http://untalmarra.wordpress.com/2010/11/05/galiza-laica/