martes, enero 18, 2011

O destino fatal de García Goena


Corta o sangue ler o caso que está publicando estes días Antonio Rubio no xornal El Mundo. Refírese a como o grupo terrorista GAL, amamantado no seu día polo goberno socialista de Felipe González, asasinou a Juan Carlos García Goena, un obxector de conciencia que se negou a cumprir o servizo militar e se exiliou en Francia no ano 1980.
Moi resumida, a historia é a seguinte. Instalado en Bayona (Francia), empezou a traballar na empresa Transfesa e un día acodiu coa súa muller, Laura Martín, e coa súa filla de catro anos, Maider, a un estudio comercial de fotografía para que lle fixeran un retrato á nena porque querían mandarllo aos avós da cativa en forma de felciitación de Nadal. Atendeunos Patxi, o encargado da tenda, que non parou ata que convenceu os pais de Maider para que posasen con ela coa desculpa de que así tranquilizarían á súa filla. Fíxolles dous retratos case iguailiños. Cobroulles polo que lles entregou e quedouse co outro.
Patxi era un colaborador segredo dos Gal. Pensou que García Goena era un membro de ETA e deuse presa en pasarlle unha copia da foto ao grupo terrorista que levou a cabo 27 asasinatos cometidos por sicarios controlados por sectores da Garda Civil, a Policía Nacional e os servizos segredo do Estado daquela época. O resultado foi que, dous anos máis tarde, o 27 de xullo de 1987, un grupo de mercenarios dos GAL asasinou a García Goena facendo explotar unha bomba debaixo do seu coche cando se dririxía ao traballo.
Antonio Rubio tivo coñecemento da existencia desta foto hai dous anos e non parou de investigar o asunto ata que logrou desvelar varias das súas claves. Agora, o caso, que foi arquivado provisionalmente polo xuíz Garzón en setembro de 2001, pode e debe ser reaberto, tal e como xa expresaron expertos en Dereito Penal como Enrique Gimbernat.

3 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Impresiona a noticia, como impresiona o silencio arredor da mesma porque foi quitada polo xornal EL MUNDO. Claro que anda o FG polo medio. Tampouco vin comentarios dos que habitualmente "se rasgan las vestiduras" cando son outros os homicidas. En fin. Así pasou cos GAL. E segue a pasar.

Anónimo dijo...

¿Le Cobrará Honorarios Profesionales Javier Gómez de Liaño y Botella (Orense, 1948) a Doña Laura Martín por sus ofrecidos servicios de Defensa Procesal de sus intereses en los Tribunales?

Anónimo dijo...

o destino fatal de roberto garcía calvo.......