jueves, octubre 27, 2011

O pasado nazi de Hugo Boss

A emisión en Francia, o pasado martes pola tarde, na cadea de televisión France 2, do documental Hitler Apocaypse volveu a poñer na picota a casa de moda alemá Hugo Boss ao lembrar que o seu fundador, Hugo Ferdinand Boss, deseñou e produciu os uniformes das tristemente célebres SS, os das SA e os das Xuventudes Hitlerianas. O propio modisto foi membro destacado do partido nazi de Hitler.
A famosa marca, moi utilizada por empresarios, políticos e membros da jet-set, nun intento de refacer o seu pasado, presentou hai un mes excusas aos que traballaron nas súas fábricas durante a segunda guerra mundial e, no ano 2000, donou 500.000 libras esterlinas ao Fondo de Indemnización dos Antigos Traballadores Forzados, pero nin con esas logrou matar a sombra das súas orixes. Agora, coa emisión do documental Hitler Apocalyse, caéronlle enriba miles de críticas a través das redes sociais, sobre todo Twitter e Facebook, e tamén lle chegaron tantas mensaxes negativas á súa propia web que tivo que pechar o acceso aos seus foros.

2 comentarios:

Xose Manuel Sarille dijo...

Los socios estadounidenses de Hitler é un documental pasado polo Canal de Historia que se pode baixar no emule. Aí están todos: a Opel, norteamericana,filial de GM, non alemá como se di, fabricando camións, imprescidíbeis para que a guerra seguise. Cortando o subministro perderían a guerra en meses. Standard Oil e Texaco son amigos de Hitler, imprescidíbeis no subministro de gasolina e outros derivados. O presidente de EEUU fai un discurso case dun derrotado fronte ás grandes compañías, aos que chama traidores publicamente, se non lembro mal. O documental fala tamén de Hugo Boss e de Basf (química importantísima hoxe) e Bayer, as dúas últimas traballando nos campos de concentración, é dicir, probando novos produtos. Impresionante.

Xosé Manuel Sarille dijo...

E así unhas cantas máis.