lunes, diciembre 05, 2011

Tecnocracia con corazón

Encolle o corazón observar o comportamento da ministra italiana de Traballo, Elsa Fornero, cando tivo que explicar, en roda de prensa, a reforma das pensións que acababa de acordar o goberno de Monti. Non foi quen de rematar o pronunciamento da palabra sacrificio e púxose a chorar com unha Magdalena.
En principio, as imaxes, que están percorrendo o mundo, mostran unha muller sensíbel e probabelmente solidaria na que mandou máis o corazón ca cabeza no momento de enfrontar publicamente unha realidade que sen dúbida non lle gusta, porque senón non se poñería a chorar. Se cadra pode un preguntarse por que apoia, entón, un goberno tecnócrático que pon en marcha esas medidas impopulares. Acaso non sería máis lóxico impedilas e mesmo dimitir?A señora Fornero é, ela mesma, unha tecnócrata, pero móstrase coma unha tecnócrta que aínda lle late un corazón que lle fai chorar en público. Para min, a súa escea é unha verdadeira mostra de que hai momentos nos que unha imaxe segue valendo motísimo máis que mil palabras. As bágoas de Elsa Fornero reconcilian algo a tecnocracia coa condición humana. Algo é algo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Por que non dimite? porque pensa que non hai outra saída.
Estanos convencendo de que non hai outra saída, e nona hai no marco de referencia dos poderosos.

ana dijo...

unha feble razón para o optimismo estas bágoas fronte ás reviradas interpretacións de "posta en escea" que fai un técnico dun chiringuito de expertos en comunicacións

Anónimo dijo...

Lágrimas de cocodrilo?

Anónimo dijo...

¿nas antípodas de celia abenza rojo?

Anónimo dijo...

ou bon teatro...