jueves, febrero 23, 2012

Rajoy e os neutrinos

Mire vostede por onde algúns experimentos do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), estou a referirme ao Ópera, poden parecerse algo á política económica e social de Mariano Rajoy.
Hai pouco tempo, o CERN deu a coñecer un resultado moi sorprendente do Opera. Logo de lanzar gavelas de partículas subatómicas, neutrinos, dende Xenebra ata o laboratorio italiano do Gran Sasso, a 730 quilómetros de distancia, chegou á conclusión de que os neutrinos chegan 60 nanosegundos antes ca luz ao seu destino. Tales resultados controverterían a famosa e ata agora aceptada universalmente teoría da relatividade formulada por Albert Einstein, que estabrece que non hai nada que poda viaxar máis rápido ca luz.
Agora resulta que ao CERN parece que lle pasou coma eses electricistas que van vellos e ven mal, e rematan enchufando o postivo onde había que colocar o negativo. Alguén enchufou mal o cable de fibra óptica que conecta o reloxio central do experimento co GPS exterior. Ademais, houbo un erro na frecuencia do oscilador do cronómetro interno do experimento. En resume, que Eistein aínda non ten que resucitar de susto na súa sepultura.
O que lle pasa a Rajoy aínda é moito máis sorprendente. Anuncia en campaña electoral que non vai abaratar o despido laboral nin tocar as pensións, por non dicir moitas cousas máis que prometeu e que agora non cumpre, e logo pon en marcha unha reforma que nos leva por diante ata os pensionistas porque eu, por exemplo, a partir de febreiro, en vez de cobrar máis o igual polo menos, vou recibir 22,26 euros menos, segundo me acaba de comunicar por carta a directora xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social, María Euxenia Martín Mendizábal, (por certo, antes estes sustos metíanse escribíndonos en castelán e en galego, agora xa só lles serve “el idioma del imperio”).
En fin, que nin o CERN de Xenebra conseguiu aínda superar a Einstein nin Mariano Rajoy vai camiño de superar o progreso. Maís ben todo o contrario, diríxise a pasos axigantados a unha involución social e política que, como diría un italiano, nos pode guindar nunha “storia buia”. Se cadra un grego, polo menos Theodorakis, aínda utilizaban unha expresión máis dura.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Era visto!!! Senón de onde ían sacar os cartos, dos seus astronómicos soldos? Todo é bla e mais bla. Que os aturen os seus votantes, eu, se cadra, emigro.

José Manuel AlVe dijo...

O caso é que a min non me dan os números. Levo dende que publicaron a reforma laboral buscando algún votante do PP e non o atopo. Parece como cando xogabamos a billarda e rompía un cristal, todos mirabamos para outro lado como se a cousa non fose connosco. Naide votou o PP?... pois logo sería un pucheirazo. Non, seguramente foi democracia pura e dura e non pucheirazo pero naide nos libra do tixolazo nos fuciños cada vez que toman unha decisión, polo tanto aturar temos que aturalos todos, alomenos catro anos. Polo menos en Galicia tomaremos nota para botalos.
Unha lembranza para un medio de comunicación que morre para ledicia da caverna mediatica dos Intereconomía e outros. A miña solidariedade cos traballadores do diario PÚBLICO.

Anónimo dijo...

Non che dan os números porque a maioria dos votantes do PP, son, (no atopo a palabra en galego pásome, con perdón o castelán)decía que son vergonzantes, votan pero dicen que no o callan, porque temen que les llamen algo malo. Así son los nuevos votantes de la derecha, prefiero a los de siempre que dan la cara y dicen a quien votan. Ahora se esconden sin que yo entienda el motivo, si son tan justos,honestos y demás ¿Porqué no se muestran? Pido disculpas por mi mal gallego, intentarei arranxalo.

Manuel Lara dijo...

certo: outra volta da conspiración!

Anónimo dijo...

Mais o PSOE tamén deixa moito que desexar. En España, perdón nas Españas,os partidos non ganan as eleccións, máis ben as perden os que estiveron governando antes, e así sucesivamente; un verdadeiro aburimento e unha, con perdón, cabronada.