lunes, marzo 26, 2012

Eppur si muove

Contra pronóstico, os resultados electorais de Andalucía e de Asturias, sobre todo o primeiro, marcan un inesperado rumbo da política española que pon o contador a cero para empezar probabelmente a contra atrás do Partido Popular. A pouquísimas semanas dunhas eleccións presidenciais en Francia das que se pode esperar un máis importante cambio de ventos cara a esquerda, este vendaval antóxáseme a min moi importante para a política europea dos próximos anos.
Para empezar, non está mal que Mariano Rajoy reciba no lombo do seu candidato andaluz, Javier Arenas, e nas costas da súa candidata asturiana, Mercedes Fernández, a labazada que lle pegaron as urnas do pasado domingo pola súa insoportábel reforma laboral e pola súa errática política económica. Estaba claro que Rajoy tiña que ser castigado nalgún futuro próximo, pero a min non se me antoxaba tan próximo o comenzo da súa conta atrás. Está claro que a realidade segue superando sempre a imaxinación, mesmo en materias de política e de economia, e que non hai mal que cen anos dure.
Situados, ademais, os resultados electorais do domingo a catro días antes da folga xeral convocada para o 29 deste mes, algo me fai pensar en que o mundo, contra todo o que poda parecer, aínda non está parado de todo. Algo está a moverse. Eppur si muove, como nos tempos de Galileo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Don Perfeuto, é claro que as políticas do goberno de Rajoy o levan o fracaso electoral. Si non chega unha reactivación económica clara antes do fin da lexislatura, a marea azul vai a ter unha grande resaca roxa.
Por ver queda cal é o precio que lle vai poñer IU a Pepe Griñán... a semana de pasión empeza pronto, tamén para Griñán.

Anónimo dijo...

¿Mariano Rajoy Brey.....? ¿Un "homiño"?

Anónimo dijo...

Que si la abstención que si los recortes...Cada uno arrima el ascua a su sardina. Los motivos por los que se vota son muchos y diversos a saber :Identificación con el candidato, frenar al partido opuesto,la prohibición de los toros, el aborto,el paro, la corrupción,el medio ambiente...Cuando las generales oí a unos chavales futboleros decir que no vo´tarían a tal partido porque uno de los candidatos le había pitado un mal partido al Madrid. Así de poderosas son las razones de algunos votantes. Es muy simplista atribuir el voto a motivos trascendentales en una gran mayoría de la población cada vez más ajena y pasando de todo lo que no le afecte directamente a su bolsillo.