martes, abril 24, 2012

Pepe Manteiga


Xosé Manteiga, á esquerda, con Avelino Pousa Antelo (cuñado seu) e Ramón Martínez López, o día que presentaron a refundación do Partido Galeguista.

Xosé Manteiga Pedrares foi unha vez a Compostela, dende a súa aldea de San Vicente do Aro (A Baña) para vender un cabalo, e descubriu a cidade na que logo foi un auténtico Juan de Mairena par moitos estudiantes das décadas dos sesenta-setenta. Esta tarde, con orballo case rosaliano, enterrámolo no cemitero da parroquia de San Xoán de Barcala. Andrés Torres Queiruga oficiou por el con verbas sentidas e cheas de significado.  Pepe Manteiga non era dos bos e xenesorosos. Era simpemente dos melloriños. Había poucos coma el.
A súa familia quixo metelo cura. aqueles non eran tempos só dunha miseria. Pero el resistiuse e non entrou en San Martín Pinario nin sequera á forza com quería obrigalo un cura. Marchou a Madrid e estudiou Filosofía con José Luis López Aranguren, do que foi axundante de cátedra. Polos sesenta volveu a Santiago e foi catedrático de Fundamentos de Filosofía na USC e catedrático de Instituto despois, primeiro en Ferrol e logo en Compostela.
Na Universidade deixou unha fonda pegada como gran profesor e home de diálogo en tempos que eran de longa noite de pedra. Houbo poucos coma el (contaríanse cos dedos dunha man) que souperen conxugar a liberdade e o espírito crítico en aulas que eran mái ca nada reflexo da ditadura imperante. Manteiga foi un candil aceso na noite das tenebras do franquismo.
Máis tarde cofundou e ideoloxizou o Partido Galego Social Demócrata e colaborou na refundación do Partido Galeguista, ao que representou na redacción do Estatuto dos !6. Tamén foi concelleiro en Santiago, por Unidade Galega, nas primeiras eleccións democráticas.
Pero, por riba de todo, Pepe Manteiga foi un filósofo. Un incansábel escudriñador do pensamento de Aranguren, de José Ortega e de Xabier Zubiri. Algo me fai pensar que agora, cando se nos foi, levou con el un vello tomo de Sobre la esencia para repasalo na escuridade que o mollou ata dentro.
P.D.: Unha moi querida amiga vasca faime saber que tamén morreu Caruncho. Coñecino hai moitos anos cando era un excelente aprendiz de matemáticas, ciencia na que tardou moi pouco tempo en destacar como persoa moi intelixente e de bo corazón, circunstancias que non sempre andan xuntas. Este vaise e aquel vaise...

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non o sabía, amigo Perfecto, pilloume fóra.
Fun alumno seu, primeiro no Xelmírez en sexto curso e o preuniversitario (un curso monográfico sobre “a persoa”), e logo, xa contigo, na Facultade, onde estaba como PNN. A metade do segundo curso chegou Baliñas, e el marchou para Ferrol.
Tamén fun visitante asiduo da súa casa da rúa Pitelos, onde continuaba ensinando informalmente, xa non Filosofía, senón cidadanía. Comparto todo o que dis; sempre ocupou e seguirá a ocupar un lugar destacado nas miñas lembranzas.
Unha aperta, Mauro

Anónimo dijo...

Conocí a sus dos hijas y con una de ellas me unió una preciosa amistad. No conocí personalmente al insigne catedrático, pero fue tanto lo que me hablaron de él y tanto lo que vio reflejado en aquellas dos jovencitas, que sé lo extraodinario que era. Mi más sentido pésame por su marcha física, porque su huella intelectual y humana perdurará siempre entre aquellos que tuvieron la dicha de estar con él.

Anónimo dijo...

Son o seu fillo maior,Xose Luis Moitas grazas polo artigo en nome da familia Efectivamente,soterramolo cun exemplar dun libro de Zubiri,concretamente El hombre y Dios

Silvia Manteiga Pousa dijo...

bo e xeneroso, un dos millores...un home exemplar, un home con conciencia, un verdadeiro home, un santo da humildad, da sencillez, da paciencia, un autentico franciscano, un pai marabilloso...

Xose Luis Manteiga dijo...

De feito o nome do meu irman Xavier e como homenaxe a Zubiri e o meu por Aranguren Pero a leccion mais recente que gardamos del e a gran dignidade con que afrontou a sua enfermidade