domingo, abril 29, 2012

Anxiotensina Rajoy


Estaremos sendo gobernados por un tolo? A partir de hoxe compre facérmonos esta pregunta porque o que acaba de dicir Mariano Rajoy é digno de ser analizado pola propia Psiquiatría. “Cada venres continuaremos as reformas –ven de proclamar o presidente do Goberno– O venres que vén, tamén. E serán reformas importantes. Non imos parar ata a fin da lexislatura”.
Se alguén se propuxer alarmar a toda unha poboación non podía facelo mellor do que o está facendo o noso aprendiz de bruxo ocupante da Moncloa. Quere, por acaso, subirnos a tensión ata límites do infarto? Todo o que está aforrando cos seus famosos recortes ha ter que gastalos a Seguridade Social en pagar antagonistas dos receptores da anxiotensina, que é a substancia que se une aos receptores dos vasos sangíneos provocando o seu estreitamento. É dicir, definitivamente o único que é Mariano Rajoy é unha forma ata agora decoñecida de anxiotensina. Cumpriría que empezasen a ocuparse dela os médicos.
Porque digo eu que un gobernante que se precie non debería andar dosificando, semana a semana, as trampas de cazador furtivo coas que nos está amargando a vida o líder do Partido Popular. Xa sabemos que a súa palabra non val un peso. Non hai máis que comparar o que prometeu cando era candidato a gobernarnos e o que está a facer agora. Pero outra cousa é que ande a xogar con nós como se el fose o gato e nós fósemos os ratos. Algún can ten que aparecer polo medio para parar este sadismo porque senón imos aviados.

2 comentarios:

Sarampelo dijo...

Este elemento do casino de Pontevedra, non está tolo, sabe ven o que fai, soamente está aplicando a filosofía de FAES e dese bodrio de libro de Ansar con ese discurso catolico-dereitista das cavernas e de patriota de postal.

untalmarra dijo...

se cada venres nos dá unha ración de anxiotensina,
cada domingo unha tonelada de capotén nas ruas!!!