lunes, mayo 13, 2013

O BNG contra Alonso Montero


Pilar García Negro
Está claro que unha boa parte dos que pintan algo no BNG –agora e antes– sempre mostraron unha animadversión difícil de comprender contra Xesús Alonso Montero. Unha boa proba foi a incontinencia verbal que lle aplicou o outro día Xavier Vence, e hoxe foi Pilar García Negro a que botou veleno pola voca contra o actual presidente da Academia Galega. En xeral, todos os apparátchikis do nacionalismo do Bloque non poden nin oír falar del. Dame a impresión de que, nunha hipotética situación de poder que eles ostentaran, ao primeiro que mandarían ao paredón sería o autor do Informe dramático da lingua galega.
E isto por que? Sábese e non se sabe. De entrada, contou a rivalidade que houbo algunha vez entre Alonso Montero e Francisco Rodríguez, dous expertos en Rosalia de Castro, comunistas ámbolos dous. Pero un metido no nacionalismo ata as cachas e o outro militante do internacionalismo. Tamén xugou o seu papel a competencia que sempre tiveron, sobre todo hai anos, o Partido Comunista e a Unión do Pobo Galego. Os da “U” nunca tragaron a Alonso Montero. Sempre foi para eles un inimigo político e cultural a bater. A súa particular besta parda.
Ata agora, todo isto non trouxo máis consecuencias cas de manter unha estéril loita persoal que non favoreceu a ninguén, pero o caso puido cambiar moito coa chegada de Alonso Montero á presidencia da Academia. Os do Bloque, moitos dos seus dirixentes e miltantes, parece que están dispostos a levar contra el unha guerra coma que levou a dereita contra Xosé Luis Méndez Ferrín para botalo da rúa Tabernas. A campaña xa está en marcha, dende logo, e, por certo, sen aforrar insultos persoais nin catilinarias de taberna.
Que é o que dixo ou fixo gravemente Alonso Montero para merecer esta reacción tan virulenta do BNG? Abondou con que opinara, en Voz Televisión, que esta forza política quérelle tan ao idioma galego que é coma esas madres que, de tanto quererlles aos seus fillos, abáfanos apretando neles? Acaso isto non ocurre moitas veces, efectivamente, coa política sociolingüística do Bloque? E por que non lle responden a Alonso Montero sen insultalo como se fose o seu pior inimigo? Nin a Feijóo nin a Rajoy nin a ninguén máis lle dedican insultos tan groseiros.
O caso é que esta nova liorta entre galeguistas e nacionalistas non é boa para ninguén, senón que lle fai un fraco favor á cultura e ao idioma galegos. Se cadra Alonso Montero ben puido evitar unha actitude que os do Bloque tomaron coma unha provocación insportábel, pero nin Xavier Vence debeu entrar ao trapo da maneira que entrou nin Pilar García Negro debería tomar quenda coma a colleu. No fondo de todo isto, estase a dar a perniciosa impresión de que vivimos arredor dunha intelligentsia que non lle importa máis nada ca súa propia supervivencia, o seu marcado egocentrismo e o seu particular maniqueísmo. Os graves problemas do país están moi lonxe de todo isto. E válianos Breogán se os do Bloque se empeñan en resolvelos por este camiño. Son irmáns e non se entenden. Coma sempre.

24 comentarios:

Anónimo dijo...

éche ben certo que e millor acariña-lo galego coma os aliados de Anova...

Anónimo dijo...

Se algo queda claro, é que Alonso Montero é un dos miles de persoas que, como non son do BNG, ou mellor decir, non son da UPG ou asimilados como Vence, non merecen ser galegos.

Así, así de clara é a política sectaria.

o que resulta máis raro, é que estes señores e señoras do BNG reparten cartas de galeguidade segundo lles pete:
- Beiras: españolazo por pactar cos españolazos do PCE.
- Henrique Monteagudo, que ía na candidatura de Alonso Montero, españolazo e traidor.
- Margarita Ledo Andión, españolaza por ir na candidatura de Alonso Montero.
- Perfecto Conde... escriba vostede o seu epitafio, en galego, claro, que para iso están as subvencións apañadas por Pepiño de Teis.
- Pedro Luances, paz estea, qué decimos de Pedo Luaces? Silencio, colegas.
- Mariano Abalo, españolazo por pactar con Beiras e metar á FPG en Anova.
- Méndez Lenine, vaia, non pactara con Beiras?

En fin, a lista é grande e libre, como España.

Manuel Lara dijo...

Non hai moito lembraba don Basilio Losada nunha fermosa entrevista que lle fixera don Perfecto Conde para a revista Galegos: "Non sei se todos os nacionalismos son fascistas, pero todos os fascismos son nacionalistas".

Pois...eso.

Manuel Lara

Anónimo dijo...

Pienso, con todas estas "leas"( debo aprender el gallego en condiciones), decía, se me vienen a la cabeza los nacionalismos perversos en la historia actual.Los kurdos y su terrible decepción ante la promesa de una tierra propia, o el apartheid del Ulster con la mayor cantidad de muertes por violencia política que en la India o Sri Lanka. En el estado dentro de otro estado Crimea por un lado ( con las deportaciones más crueles de Stalin) y Ucrania,por otro lado . En la poderosa Alemania, girando de nuevo a la derecha, donde grupos de neonazis niegan sistemáticamente el Holocausto y prenden fuego a los centros de acogida para inmigrantes con sus camisetas de Hitler...Pienso en los Balcanes, donde los serbios y croatas han compartido la misma vida rural durante siglos, hasta el momento en que, las élites comunistas supervivientes manipularon los sentimientos nacionalistas con, el único fin de conservar el poder.A partir de ahí, todos los croatas eran asesinos ustachas y todos los servios criminales chetniks.Todo esto me lleva a pensar que, los nacionalismos pueden ser inocuos o devastadores según el contexto en el que se desarrollan, no es igual el de Quebec que el del Kurdistán ni es lo mismo el étnico ( el nuevo racismo europeo)que el cívico basado en la ciudadanía, no en la raza.Podría seguir hasta hasta el infinito en la historia del nacionalismo y sus consecuencias en algunas comunidades.El odio entre los que son casi iguales es el peor y más profundo y el que peores resultados puede producir. Es cuestión de ir encendiendo la maligna pólvora entre la gente.Este asunto me "envenena" empiezo y no paro.Por cierto, Sr Conde, no se baje usted a contestarle al Sr Vences en su nivel, esa es una espiral peligrosa.

Perfecto Conde dijo...

Ten vostede toda arazón, Anónimo, pero ás veces é difícil evitar a tentación de mandar á merda a quen no sabe respectar as persoas respectábeis.

Anónimo dijo...

A min non me parece que a resposta do Perfecto estea ao mesmo nivel ca as necias palabras de Vence e de García Negro. Esa resposta é o mínimo que se pode dicir neste caso, eu diría algo máis (e ao mellor aí si empezaba a rebaixarme).

Anónimo dijo...

Tanto Vence como García Negro non se dan conta de que, facendo o ridículo como fan con tales improperios, o único que están a amosar é a súa inmensa debilidade política que nace do seu illamento da sociedade real. Van de capa caída porque a capa xa hai tempo que está chea de caspa. Un bo champú para os da U! :-)

Anónimo dijo...

Esta foto de García Negro me recuerda a las mujeres de hitlerianas.

Voz en off dijo...

Que vergoña de país; a verdade é que ben se vía que Manuel González era o candidato do BNG, babexaban con el.Hai que saber perder.

Anónimo dijo...

Admiro profundamente a súa valentía e coherencia, pero non poido dicir que comparta todo o que vostede escribiu neste post(especialmente o "se cadra"). Si, ten razón todo isto non é bo nin para a lingua nin para a cultura. Quizais, máis que profundizar as fendas haxa que tender pontes e francamente o iniciador deste polémico asunto non foi o que fixo, por moito "se cadra" que os seus defensores escriban. En canto ao comentario anónimo das 12.51 francamente, non teño palabras.

Anónimo dijo...

Bueno la señora Negro en realidad me parece una mezcla entre una seguidora de Hitler y una señora de la sección femenina de Franco.Lo parece, no he dicho que lo sea.

Anónimo dijo...

Magnífico, Don Perfeuto! Excepcional!

Anónimo dijo...

Son o seu maior devoto, maestro!!! Almiral Mouchez

Anónimo dijo...

Hace unos días estuve en una conferencia que Vence, el líder del BNG, dio en Orense hablando en un penoso gallego auto-traducido. Yo que estoy en contra del separatismo, me quedé muy satisfecho porque la emergente estrella del Bloque, exhibió un repertorio de banalidades varias, adobado por el sectarismo habitual de la casa puesto de manifiesto, una vez más, en los insultos a Alonso Montero.

Mi deseo es que el regional-separatismo gallego, siga en esa línea, infatigable al desaliento y que no de cuartel a los que no sean de su cuerda. Muchos siempre le estaremos muy reconocidos.

Petrifacio Pérez

Anónimo dijo...

Sempre son ponderadas e ponderables as visións de Perfecto Conde, xornalista valente e non sectario ó que moitos lle estamos recoñecidos por facer o que outros campeóns da ética nunca se atreveron, xogándose ás veces o pescozo.

Opino que a súa análise sobre o affaire Montero deixa a un lado que o anterior presidente da RAG foi desaloxado do cargo sobre todo pola dereita española, iso é certo, pero tamén por unha amalgama de intereses na que estaban persoas de Galaxia, do piñeirismo de toda a vida e de Compromiso por Galicia. Os dixitais galegos están controlados por Compromiso, un, polo Bloque, outro, e por non se sabe moi ben quen un terceiro, e os tres tiveron en común que sumaron información e opinión contra Méndez Ferrín. Seguramente en todos eses partidos ou como se chamen algún deles houbo voces discrepantes, quen o sabe xa, igual de seguro é que non quitaron unha coma á campaña de insidias da prensa da dereita madrileña. En honor á verdade hai que dicir iso e que quede constancia, señor Conde, esa polo menos é a miña opinión. Gracias e un saúdo.


Perfecto Conde dijo...

Sen dúbida, o que ten que darlle as grazas ao último comunicante –asinado Anónimo ás 18:26– son eu, por aportar unha análise moi atinada e, dende logo, ponderada e ponderábel. Precísase xente intelixente e criticamente analizadora coma vostede.
Pode estar seguro, ademais, de que comparto "avant-la-letre" o seu comentario.

Anónimo dijo...

¿Poderíame dicir alguén quen son os responsables da dereita española aos que o comunicante das 18,26 aponlle a saída de Ferrín?. Non lembro en toda esta lea ningún nome.?¿

Anónimo dijo...

Gustaríame que a enerxía e mala baba que zumega o señor Alonso Montero contra o BNG lla adicara aos inimigos do galego, aos casteláns do país e demais zaramallada que ten a Galiza camiño do século XIX. Pero non este señor que vive en castelán, segundo din, non encontrou mellor ocorrencia que atacar a quen defende o galego os 365 días do ano.

Anónimo dijo...

ponhades como vos ponhades os supremacistas castelans, as declaraçoes de alonso mortero som imperdonaveis, havendo como hai na Galiza tanto inimigo do galego, vai e mete se cos únicos que o defendem. Que me ponham aqui um exemplo os defensores do jortero no que eu poda ver que o bloque aperya ai galego!
Alonso mortero, é um mediocre que se colou nas migalhas que o franquismo concedeu durante a mal-chamada transiçom. Se assi nom fora, jamais teria chegado a nada.

Anónimo dijo...

.Prender o lume do fanatismo é o que fan. Si por falar galego seméllome a iles pásome a o castelán desde hoxe.

Anónimo dijo...

Alonso Montero nom fala galego. (Sic) Nom há mais que dizer. Fim.

Anónimo dijo...

Afonso Monteiro é ese señor que presume de falar en espanhol cando chega a diante de xente, para que así non o "encasillen"; tamén e ese senhor que a súa máxina é que unha institución lle mercase a súa "biblioteca"; pero lonxe diso Afonso Monteiro é un mediocre españolista que o único que lle interese é ser presidente dunha "entidade" que de non ser porque a xente que forma parte dela non ten a mínima vergoña, terían que ter solicito a súa autodisolución.
Fraco favor lle fai este "xornalista" en defender a ese personaxe. Pero isto non é máis que a consecuencia do corporativismo de mediocres que temos nestes país, incluido o señor este "pertfecto".

Ghómito en escopetazo.

Pedro Bravo López dijo...

Um artigo muito maniqueísta. Que eu saiba o BNG não está "contra Alonso Monteiro": dirigentes qualificados responderam -por vezes não da forma mais inteligente- A UM ATAQUE DIRETO DO SENHOR X.A.M. que adotava os "argumentos" com que branqueia a sua face o meio de comunicação que lhe estava a dar pista. Por outro lado, muitos, ou bastantes, que não somos do BNG criticamos com mais determinação essas mesmas palavras do senhor X.A.M.

Sobre assuntos adjetivos: (1) o tono "civilizado" de Perfecto Conde não é tal ou é simples hipocrisia, quando acusa o BNG de levar X.A.M. "ao paredão"... "O primeiro ao paredão", dizia, não? Quer dizer, também haverá segundos e terceiros... (2) A caracterização do senhor X.A.M.: esse senhor é "comunista" como o Francisco Vázquez era "socialista e republicano", para desativar esses conceitos. O senhor Montero não é rival sério para o que representa LVG, um dos meios nos que mais escreve: serve precisamente para legitimar o existente por representar uma alternativa que nem sequer amaga, só baila em frente para fazer o "paripé". "Comunista"???? De salão!

E agora vamos ao cerne: (1) Tanto X.A.M. como P.C., que assome a tese daquele, digam CONCRETAMENTE COMO O BNG "abafa" o galego... até o matar (agora os responsáveis da aniquilação do galego são os que o defendem... brilhante dialética). E S P E C I F I Q U E M. (2) Mas se falava daquilo para não falar disto: as medidas "em positivo". Como seduzir refratários... Quais são as propostas, simples propostas, de X.A.M. e P.C. Mas parece que aquela verborreia tem como fim dissimular este silêncio. (3) Já que a única concreção, A ÚNICA, além a anedota, patética, da loja (bom, e as vis referências a vultos como Otero ou Carvalho), foi citar o BNG,o que dizer dos meios de comunicação e, mais concretamente, daquele que lhe estava a dar pista. Que papel jogou, joga e pode jogar na "normalização" do galego? A propósito, indicou o senhor Montero o que entende ele por "normalização"? Pode haver um bilinguismo SOCIAL no longo prazo?

Tudo isto sem entrarmos na questão da norma, sobre a que não sei se disse algo porque não vi a primeira parte da entrevista. E deixando fora o senhor Ferrin, que se foi sem dar explicação suficiente das causas da sua demissão.

Por último: é uma mágoa que haja tantos comentários "anônimos". Como a imensa maioria são puramente declarativos e subjetivos nem sequer podemos saber se correspondem a tantas pessoas como mensagens, ou são de uma única pessoa a brincar com os leitores. Se há uma questão axial é precisamente esta, a escassa cultura cívica dos galegos. Não é surpreendente que sejam dos cidadãos mais 'pringaos' do Estado.

Anónimo dijo...

Que estupideces di sempre o Pedro Bravo López! Traballe, Pedro Bravo, e deixe de parasitar na vida dos demais. Pastrán!!!!