
Maís interesante aínda é ir vendo como evolucionou a actividade editorial en Galicia e o uso do idioma galego por parte dos autores, por exemplo. Hainos que ata cambiaron as grafías dos seus nomes e/ou apelidos varias veces. De momento, o que máis me chama a atención é a enorme importancia que tiveron as Ediciós do Castro de Isaac Díaz Pardo, unha editorial que algún día os especialistas da cultura galega deberían estudar a fondo para situala en todo o esplendor que merece esta editora. Isaac publicou centos de libros e, sobre todo, deu ao prelo o que había que dar sen limitarse aos corsés culturalistas e saudosos que caracterizaron a outros editores galegos. A case todos, en xeral.
No enorme fondo de Ediciós do Castro, sobre todo nas décadas de 1970 e 1980, está a Galicia real, a dos problemas, as solucións e a análise crítica. Literatura, poesía, ensaio... hai de todo no seu catálogo. Está ata o poeta Ho-Chi-Ming, traducido por Neira Vilas. Hai estudios sobre o anarquismo, o comunismo, o marxismo, o liberalismo, o capitalismo. Sobre case todo. E sobresae a edición de publicacións periódicas sobre Cerámica, Aqrueoloxía, Xeoloxía, Mineraloxía, Edafoloxía, Tecnoloxía, Medio Ambiente, Historia, Economía, Arquitetura, etc. Vendo o moito que se publicou na hoxe case desaparecida Ediciós do Castro parece como se os da miña xeneración nos tocase vivir nun país desenvolvido, moderno e actualizado. Xa sei que só é un espellismo, pero a culpa non é de Isaac Díaz Pardo.
4 comentarios:
Unha mágoa coma un trasatlántico, o de Ediciós do Castro que, de entre as "modernas" galegas, é a que acho máis persoal no contido e potente na estéticoa (que tamén conta). Tanto me gustaba, que merquei tódalas edicións dos Premios Modesto Rodríguez Figueiredo de relato desde o comezo ata mediados dos noventa, cando comezaron a perder interese para min.
A colección, cos mais de douscentos volumes, de Documentos para a Historia Contemporanea de Galiza é umnha auténtica xoia.Pwermitirá que se reeescriba a historia do fascismo na nosa terra e a do exilio.
Me gratifica cuando encuentro en internet personas que promulgan conciencia social, cultura y posturas que nos centren en compartir para hacer un mundo mejor.
Vendré más veces a visitarte.
Un abraciño,
Rosa María Milleiro
http://poemas-rosamariamilleiro.blogspot.com.es/
Sr Conde, por onde anda, hai dous meses que non escribe. Espero o seguinnte post.
Publicar un comentario