lunes, junio 15, 2015

Atención a Ada Colau

Ada Colau viaxando en Metro para parar un desafiuzamento no Nou Barris barcelonés.
De toda a xesticulación exhibida polos novos alcaldes que están protagonizando o cambio político que está renacendo en España, celebro moi especialmente o comportamento da barcelonesa Ada Colau, que estreou o seu mandato viaxando en Metro para trasladarse ao Nou Barris coa intención de parar un dos nove desafiuzamentos que ían ter lugar hoxe en Barcelona.
Parece ser que mentres tanto o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, estaba ocupando ou seu tempo en conceder entrevistas radiofónicas –pero que manía teñen sempre os rexedores galegos, sexan da cor que sexan, por correr tras dos micrófonos!–, o de Santiago andou ocupado en repartir responsabilidades municipais e o de Ferrol, acompañado pola rotunda Beatriz Sestayo dedicoulle algo de tempo a saudar os funcionarios.
Na capital do Reino, Manuela Carmena tamén pillou o Metro para acudir ao traballo e se cadra non lle quedou tempo nin inspiración para facer como fixo Ada Colau en Barcelona, ocupada como debeu estar en apagar o lume que lle prendeu o seu “humorístico” concelleiro de Cultura –xa dimitido– Guillermo Zapata.
Faltándome saber o que fixeron outros moitos rexedores municipais da nova España, insisto que admirar sobre todo a esa moza catalana que vai dar moito que falar e que se chama Ada Colau. Benvida, mossa, á necessaria regeneració del teu país!

3 comentarios:

Voz en off dijo...

Con eses pequenos xestos: a baixada de soldos, a bici, o metro están dando unha lección ós que se van!!!

Anónimo dijo...

O alcalde da Corunha estaba dándolle o almorzo ós seus fillos antes de levalos ó colexio. Eis un pai exemplar¡¡¡.

Anónimo dijo...

manola carmena debajo del sobaquillo de un "mojamé" en el metro madrilé....