jueves, octubre 15, 2009

O efecto Gürtel

Como se fose unha nova versión do efecto bolboreta, polas moquetas do poder concentrado na Xunta anda a circular o que se podería chamar efecto Gürtel: as consecuencias colaterais dos escándalos de corrupción que están enchendo as páxinas dos xornais e os arquivos dos xulgados. De momento, trátase só de “consecuencias colaterais” e non aínda de “danos colaterais”.
Cando se publicou neste blog a adxudicación da web do Xacobeo, o semanario A Nosa Terra reproduciu a nova afondando nela e obrigando ao conselleiro de Cultura a manifestarse dicindo que foron os popios técnicos do Xacobeo os que levaron a cabo as actualizacións da web que aínda non estaban contratadas. A Nosa Terra completou as relacións da empresa Plexus coa antiga Consellería de Cultura dirixida por Pérez Varela. E de Plexus e de outras empresas relacionadas tamén falou o deputado nacionalista Aymerich naquela comparecencia parlamentaria na que Pérez Varela estivo a piques de porse a chorar.
O caso é que, polo que me contan, en San Caetano están empezando a mirar con lupa as adxudicacións, os vencellamentos das empresas adxudicatarias e os concursos por se poidese aparecer, por exemplo, algo que cheirase ao caso Gürtel.
O ex presidente Manuel Fraga hoxe parece render algunha conta en declaracións que publica La Voz de Galicia, pero refírense a tempos pasados. Algún comentario aparecido neste blog falaba de que Núñez Feijóo pode ter a tentación de ollar para outro lado, como disque facía Fraga coas evolucións de Cuíña ou Pérez Varela, pero os responsábeis da Xunta saben que han ter moito coidado en como se fan as cousas neste momento. O efecto Gürtel non é unha entelequia.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Mira por onde o caso Gürtel pode ter algunha consecuencia positiva.

rr dijo...

Que volte Carmiña Burana

Anónimo dijo...

Ah, Pérez Varela, qué tipo.
E este goberno de Regreso, que nomea á mesma persoa que fixo con Pérez Varela as compras de libros e demáis papelamen para a Cidade da Cultura, como novo director da Biblioteca do Gaiás...
Rañe, rañe por aí, caro director, e verá qu chachi

académico dijo...

"Volvoreta"? Que cousa é unha "volvoreta"?

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Vaiche boa.....!

Anónimo dijo...

http://www.fraggleblog.es/index.php/2009/10/21/xunta-de-galicia-y-xacobeo-2010-en-mi-opinion-un-robo/

vaia, si que comeza con bo pé o blog xacobe-ano

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,