sábado, octubre 03, 2009

Tataio Castroviejo e Alberto Míguez

Lendo a Fermín Bouza, no seu Voto con Botas, entérome de que me morreu un amigo. Santiago Castroviejo, Tataio, fillo do egrexio Xosé María Castroviejo que tanto participou con Álvaro Cunqueiro en percorrer os montes e chemineas de Galicia, faleceu en Madrid, lugar onde dirixíu durante moito tempo o Xardín Botánico. Foi un dos pioneiros da Bioloxía entendida como ciencia fundamental para desevolver o mundo dende postulados respectuosos co medio ambiente e a natureza. Un día, hai moitos anos, empezou a facerse famoso porque se interpuxo entre a escopeta cazadora de Fraga Iribarne para salvarlle a vida a unha pita brava dos Ancares. Outro, xa máis tarde, regaloulle a meu pai unha cadela, Zara, que lle axudou a sobrelevar a leucemia que rematou roubándolle a vida. Tataio pertenecía á mellor xente que tiven a sorte de coñecer.
Por outra lectura, neste caso as páxinas de A Nosa Terra, recibo tamén a mala nova de que acabo de perder outro amigo. Alberto Míguez, xornalista de longa traxectoria e acrisolada experiencia, tamén acaba de falecer na capital de España. Foi unha das pontas de lanza do diario Madrid, que aínda sendo de Antonio Fontán, home do Opus Dei, representou a publicación máis progresista e liberal do último franquismo, aquel que prohibíu Fraga cando era ministro de Información e Turismo do dictador, mandando mesmo derrubar o edificio no que se facía.
Míguez foi logo peza clave na aparición e primeiro desenvolvemento do diario EL País, no que foi xefe de información internacional. Escribiu un libro fundamental para a comprensión da recente historia galega, El pensamiento político de Castelao, publicado en Ruedo Ibérico, París, que lle custou ser enxuizado e condenado polo tristemente célebre Tribunal de Orden Público de Franco, e rematou a súa vida descreído e algo entregado á corrente neoconservadora das publicacións españolas nas que escribíu os últimos anos da sua vida. A min sempre me quedará por Alberto o enorme aprezo que merece unha persoa boa e xenerosa como era el, e sinto mágoa por non telo acompañado algo máis na última década.

20 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Non coñecín a ningunha das persoas que vostede cita, pero a súa forma de comprender ao outro e a mágoa que declara ao final deste fermoso post pola distancia que mediou entre vostede e Alberto Míguez deberían ser máis común do que habitualmente vemos.
Esa súa subtil reflexión é, para min, exemplar.

filomeno2006 dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Luisfoz dijo...

Este Tataio era o Santiago que vivia em Cangas e que era Professor?

Hildegart Canido dijo...

A ver Foz, hai que estar máis no mundo. "Este Tataio", é dicir, Santiago Castroviejo, non vívía en Cangas senón en Madrid. Preto de Cangas, en Nigrán, estaba a casa que foi dos seus pais, José María Castroviejo e unha Bolíbar. Santiago Castroviejo foi, efectivamente, profesor, pero da Universidade de Madrid e do Consejo Superior de investigaciones Científicas.
Era un biólogo de prestixio internacional que dirixíu o Jardín Botánico de Madrid e o Parque de Coíba (Panamá). Formaba parte da Real Academia dee Ciencias Eaxactas, Físicas y Naturales e de moitos outros organismos e institucións nacionais e internacionais.
Percátaste agora, Foz? Non hai que andar tan pechadiño no embigo da famosa Galiza de Castelao? Hai outros mundos, aínda que tamén están neste.

Almiral Mouchez dijo...

Fermosa lembranza, Don Perfeuto.

Non me estrañaría que a estas horas todos os carballos da montaña, os que ata non hai tanto vían pasar ao pé deles eses galos de monte que xa non volverán xamais ao noso país, chorasen polo seu amigo.

Deus a o teña na Gloria.

(Seguramente xa o ten alí...)

Luisfoz dijo...

Sinto-o muito mas eu falei com um Santiago Castroviejo há alguns anos em Cangas para lhe pedir umas informações. Conhecera-o em 1978 no congresso fundacional do PGP, devo supor que não é o mesmo.

farangullas dijo...

os verbos que rematan en -iu non se acentúan. Señor Perfecto que hai que coidar a lingua coa que se escribe, e chegar a acentuar as terminacións verbais non é seguir ningunha norma. (As outras poden considerarse desgraciadamente 'normais', pero acentuar as terminacións verbais tan comúns na nosa lingua non ten prezo). Ah, e non mo tome como unha forma de meterme con vostede, xa que concordo e me gusta case todo o que escribe, é que estou farta de tanto desleixo.

Anónimo dijo...

Hildegart ?

Almiral Mouchez dijo...

Por certo: vai ser o cabodano da morte de Ramiro, de Ramiro Fonte. En Pontedeume vaise facer un funeral polo eterno descanso da súa alma.

Vaia desde aquí, desde este blog que el miraba con tanto afecto, unha emocionada lembranza, o recordo dos que tanto lle quixemos ao amigo e ao poeta.

Anónimo dijo...

Xosé María Castroviejo y Blanco Cicerón non vivía en Nigrán "preto de Cangas",vivía en Tirán.

Para Foz: o Santiago do que ti falas é Santiago Santos Castroviejo, curmán do falecido, profesor da Escola de Empresariais da Universidade de Vigo

Xosé M. González dijo...

Cando eu comecei os estudos en Compostela (inicio dos anos 70), o xornalista Alberto Míguez era das escasísimas sinaturas que abordaba este país como tema de volume político e non costumista. Souben da represión sufrida, perdinlle totalmente a pista e recupero agora novas, aínda que conclusorias.

O meu recoñecemento polo papel naquel momento iniciático. En paz estea.

Ferrolán dijo...

Propoñoche, Perfecto, outro tema de debate. Durante máis de dous anos, a prensa tratou como a un heroe ao celebérrimo Cabo Gago, rapaz que se empeñou en acusar ao xefe de máquinas da fragata Extremadura de ser o responsable da morte de dous membros da tripulación do barco, falecidos a consecuencia dunha explosición na sala de máquinas. A xustiza falou por fin, e a Audiencia Provincial exculpou por completo ao oficial. O Cabo Gago, mentres, conseguiu o que quería: ser pasado a longa enfermidade por problemes nerviosos, e ter, desde os trinta e poucos anos, unha pensión para sempre que pagaremos todos nós. ¿Quen restitúe agora a honra dun home falsamente acusado?

Luisfoz dijo...

Agradeço-lhe a informação ao anónimo. Por suposto que sinto as mortes de Tataio e de Míguez, julgado e condenado por denúncia de Fraga, e a de Cortezón; mas consola-me saber que está vivo o meu amigo.

Anónimo dijo...

A Míguez le quemaron su casa en Vascongadas, en 1984

Tucho de Canido dijo...

O nacho que se alcuma "Ferrolán" seique pensaba que os Xefes de Máquinas son responsables das máquinas e dos homes que están baixo a súa responsabilidade... Home non!, déixese de conachadas: si eiquí nin siquera o Presidente da Nación foi atopado responsable de certos excesos nas actuacións dos seus ministros!!!

(E se os mortos foran dous almirantes, ou cando menos o Comandante e o Segundo, zafaría o Xefe de Máquinas...?)

No canto do pobriño do tal Gago, mellor para todos que o afastaran das forzas armadas: se non foi quen de termar das presións ás que se lle sometiu e das negras sombras que deixan dous mortos, cal sería o seu comportamento nunha acción de guerra (ou mesmo de paz, como no Afanistán)?

Tucho de Canido

GALAICUM dijo...

Este comentario va en contestación al Ferrolano que dice que pagará la pensión del Cabo Gago. No se si sabe usted, ferrolano, que el propio cabo es el que se ha pagado durante quince años sus derechos pasivos por lo que le pudiera pasar, eso va en la nómina de todos los militares. usted es un demagogo.

Como se ve le importa mucho la imagen del acusado en este caso, esto no se ha acabado señor ferrolano. Quién va a devolver la salud al que fue Cabo Gago, usted y todos los que lo han represaliado?

Comentarios como los suyos dan mucha pena. Porque demuestra un resentimiento, envidia hacia un hombre consecuente y con honor. No como otros ferrolanos que se dedican a hacer de defensor de pleitos pobres sin saber de lo que habla. Así pues indague, conozca, hable con el propio Gago, atrévase a saber la verdad, y no a lanzar injurias indiscriminadas que bien demuestran que tipo de persona es usted.

Ferrolán dijo...

Xa me informei, Galaicun, e reafírme na miña opinión sobre o xefe de máquinas, que non tivo ningunha responsabilidade nun accidente fatal.
No que estaba equivocado era con respeito ao cabo, e así o digo. Pode que as súas denuncias non apuntasen na dirección axeitada, pero ao denunciar o que pasou tivo unha atitude moi valente que merece os máximos eloxios. Tamén el o pasou moi mal, polo visto. Tanto que do que el sufriu ninguén sae indemne, de aí que decidise poñerlle fin, con todo dereito, á súa carreira militar.
Os mortos e as súas familias foron vítimas. O oficial acusado sen culpa, igual. E o cabo
Gago outro tanto. Pode que a verdadeira responsable de todo isto sexa a Mariña, con barcos que a veces non reúnen as condicións necesarias para garantir a seguridade dos que viaxen a bordo deles.
Rectifico todo o que dixen de Gago, que ademais tivo ao seu lado a unha persoa que non morreu hai moito, Torrente, un tipo moi bo que foi un dos poucos sindicalistas que en Bazán se preocupaban polos que eran de plantilla. Unha garantía. No que dixen do oficial, reafírmomel.

Ferrolan dijo...

Quixen dicir que Santiago Torrente se preocupaba tamén polos que non eramos de plantilla de Bazán, polos das axuliares. Era un sindicalista, non un burócrato. Un home como hai que ser. Contáronme que estivo dando a cara pola causa de Gago. Se el a daba, esa causa ten toda a miña confianza, home non.

Anónimo dijo...

Tes razón, Santiago Torrente era unha magnífica persoa.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,