Levo varios días pensando en como cumpro, unha vez máis, a miña vella vocación “macquera” comprando o novo produto estrela de Appel, o Ipad, e, como son cliente de Telefónica, agora Movistar, marquei o 1004 para que me informasen se esta operadora vai fornecer de tarxetas SIM micro 3G para seren usadas no Ipad. Pedín que me atenderan en galego, e cumpriume ese dereito un tal Marcos, moi amábel, pero o único que fixo foi dicirme que me pasaba cos seus compañeiros de móbiles.
A continuación, pasou a atenderme unha muller que falaba cun indefinido acento centroamericán e que, cando lle presentei o meu caso, pareceu tan sorprendida coma un marciano que fose interrogado acerca da compañeira sentimental de Núñez Feijóo. Non sabía nin que era o Ipad es iso que me esforcei en pronunciar o seu nome en inglés (ai-paed). “Querrá decir usted ai-fon”, empeñouse en retrucarme ela.
O caso foi que que fiquei como estaba: sen saber se Telefónica, agora Movistar, vai atender a clientela dos que imos comprar un Ipad 3G. Aínda vai haber que mudarse a Vodafone ou a Orange, xa o verás.
3 comentarios:
Non te mudes a vodafone que atenden dende unha plataforma internacional da que non poden dicir en que pais se atopa, cada vez que chamo atende unha señorita con acento e vocabulario español distintos, non teñen nin idea do que se lle pregunta, resultado cobraronme por servizos non solicitados por min a vodafone e véxome impotente para que me devolvan os cartos facturados demáis, non me dan solucións para facer a reclamación.
Meus queridos, disque eso é un dos múltiples rasgos da globalización, en concreto, denomínano externalización. Non confundan con esoutro concepto chamado deslocalización. Resumindo, fodidos estamos e, peor, estaremos.
Lémbrese de mirar en
http://store.apple.com/es/browse/home/shop_ipad/family/ipad
na sección de preguntas frecuentes. Teña en conta que os plans de datos normalmente son independentes dos plans que teña para o seu teléfono móbil.
En cuestión de idioma, a cousa está difícil. Pode probar en R, pero en realidade é moi probable que acabe caendo nas mans de Vodafone.
Publicar un comentario