martes, mayo 11, 2010

Unha caixa nova?

Ça y est! que é como din os franceses que xa está. Tanta reviravolta para seguiren mandando os de sempre. Os que se ven na foto de Lavandeira-Efe que xa están empezando a publicar os xornais. Sede social e fiscal na Coruña, e operativa en Vigo. Dous copresidentes non executivos e igualdade absoluta en todos os cargos, incluídos os uniperseoais e os colexiados.
Nos próximos tres anos, as dúas entidades conservarán os seus respectivos consellos de administración. Ou sexa, que ninguén se vai quedar de momento sen a súa bicoca. E a nova caixa será gobernada por un novo consello de vinte membros formado tamén de maneira paritaria. Os copresidentes, un por cada caixa, alternaranse nos seus cargos durante dous períodos consecutivos de 18 meses. O novo director xeral será o vigués Xosé Luís Pego, ata agora man dereita de Xulio Fernández Gayoso.
¿Queda fóra do mando, polo tanto, Xosé Luis Méndez? Non acabo de crelo. ¿Tanta bulla e tanta mandanga para isto? ¿Vai ser todo isto a caixa nova quee Galicia precisaba? Xa se verá. Polo de agora non cambian nin as caras. Cambiárono todo para que todo siga igual, seguramente.

4 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Amigo Perfecto:
O único que gañou algo con todo esto é o alcalde de Vigo. E se non ao tempo.

Perfecto Conde dijo...

Pois debe ter vostede abonda razón, Arume, porque o xornal "A Nosa Tera" xa adianta que Gayoso vai ser tamén o primeiro presidente da nova entidade. Empeza a darme o corpo que esta vez os cascarilleiros saíron algo mallados.

Tucho de Canido dijo...

A máis de afondar na debilidade de Caixa Galicia fronte á Caixa Nova e o fume que mandaba La Voz -coma falaba atrás o Fuco de Esteiro- tampouco sería mala leria lembrar a malquerencia entre Núñez Feijoo e Fernández Gayoso, ben asentada dende que "por casualidade" se tivera noticia daqueles cartiños que esquecera nas Caimán aquel bo economista que traballara en Rodman despois de que a falta de entendimento co jefe o fixera liscar de Caixanova. Xa o PSDG o quixera levar para a Xunta e o Fernández Gayoso fixera o imposible para que non fora; e movéu de novo Roma con Santiago (ou as Caimán coas Cíes) cando o Núñez Feijoo quixera fichalo na súa andaina cara á Xunta. Qué foi daquel home?

Tucho de Canido

Fuco de Esteiro dijo...

Tucho: O home do que falas é o lugués Luis Carrera Pásaro, derradeiro Director Xeral de Caixa Ourense que ía para director xeral de Caixa Nova... Sigue a ser un dos pesadelos do Fernández Gayoso... Máis de un pensamos que foi unha boa perda para a Xunta.

Fuco

Xa lle escoitachedes falar o Fernando Ignacio González Laxe que houbera sido mellor esperar a segunda vaga de fusións? Xa volo dicía o outro día: poñéde ás barbas a mollo! (Que pensará o Rato Figaredo?)