Pregúntase hoxe o xornal Le Monde, nun artigo de Luc Vinogradoff, se a vitoria do mundial poderá salvar a economía española. É, sen dúbida, unha pregunta retórica que ninguén pode responder por agora, pero empezan a prodigarse os predicadores que adiviñan un futuro económico prometedor para o gol de Iniesta. Quizais o polvo ese descendente de Rappel, ese que queren traer os do Carballiño, debería volver a ser consultado ao respecto.
Con déficits públicos do 11,2 por cento e un paro que ronda o 20 por cento, a España cómprelle lembrar o que pasou antes noutros países que gañaron a Copa do Mundo. Francia, por exemplo, vitoriosa no 1998, experimentou unha subida do seu produto interior bruto (PIB) equivlanete ao 5,97 por cento no trimestre que seguiu á final da copa desputada aquel ano en Brasil. No canto dun ano, ese crecemento foi do 3,3 por cento. Italia medrou un 7,71 por cento no trimestre seguinte á súa propia vitoria no ano 2006, e un 4,4 por cento no que atinxe a un ano.
Un estudio levado a cabo en Alemania pola banca ABN Amro, no ano 2006, calculou que un país que gaña a Copa do Mundo “aprovéitase dunha bonificación económica media do 0,7 por cento de crecemento adicional” no prazo dun ano. “O finalista -sotén dito estudio– ve como o seu crecemento perde un 0,3 por cento en relación á taxa do ano precedente”.
Tería coña que fose o fútbol a nosa salvación económica.
4 comentarios:
A vitoria de Francia en 1998 non foi en Brasil, senon na propria Francia, que foi onde se disputou o mundial. En Brasil foi no 1950, e será a vindeiro 2014.
Que carallo nos impota onde gañoú Francia ,aos parados coma mín ó que de verdade nos alegra ,aparte de ser campions do mundo e que sé empeze a levantar a economia deste pais .GRACIÑAS SR CONDE por darme uhna limosniña de animo que falta me fai.Eu son Tuco Tarrio estibador no porto de Vilagarcia , peixeiro e agora cociñeiro da marina mercante en paro pola puta crisis .
A economía que sube vai ser as dos xogadores, a dos parados 20% o teñen moi fodido. O circo saeu moi ben, con parafernalia incluida e o "viva España" de Manolo Escobar.
Pero o pan non se ollea por ningunha parte:Panem et circenses.
Con tanta parafernalia en Madrid, case collo medo, houbo intres que asemellaba que estaba Franco na praza do Pazo Real.
¿Quen carallo foi o de poñerlle o de "Roja"?. A única Roja que houbo con ovarios e collóns foi A Pasionaria.
O fútbol, a verdade, cada vez me importa menos.
Unha forte aperta a todos, e moi especialmente a Tuco Tarrío, a quen non coñezo pero lle mando un fortísimo abrazo.
Publicar un comentario