Oito traballadores da empresa de mobiliario Bomob del Atlántico, S.A., de A Coruña (sede na praza de Ourense), demandárona por suposto despido improcedente e esixen que a súa patronal lles abone os catro meses atrasados que lles debe. Outros 40 empregados da mesma firma xa foran despedidos unilateralmente hai máis dun ano e aínda non cobraron as liquidacións que lles corresponden. Bomob está actualmente en concurso de acreedores.
Porén, aínda non hai moito que a empresa aparecía incluída no Proxecto Gacela do Directorio de Empresas de Galicia (ARDAN), que publica o Consorcio Zona Franca de Vigo, na que aparecía coa máxima de que “non hai que dar máis do mesmo” e como unha empresa “especializada en creación, distribución e venda de móbeis de deseño de gama media alta”, dirixida por Andrés Mesías Barcia (na fotografía), enxeñeiro técnico asociado con Xosé Prada Muradás, director xerente de Tranvías de A Coruña. Mesías exerceu tamén a dirección creativa da empresa. Creada en 1997, Pomob deseñou e instalou durante os últimos anos os móbeis das tendas da firma textil Caramelo, na actualidade tamén en quebra.
Os traballadores afectados fixeron saber a Croques a súa disconformidade coa información que pubricou, case escondida e –segundo eles– deturpada, La Voz de Galicia sobre o seu caso. Segundo indican, “a empresa pasou tamén por un ERE temporal que apoiaron os empregados, pero que serviu de pouco. Actualmente a situación é insostíbel pola falta de traballo e de acordo”.
1 comentario:
"A Voz", coma sempre lucíndose. O capital ó servicio dos ricos e mentras aos pobres dándolles.
Non sei onde irán as subvencións que estes cobraron sería xusto que as devolverán.
Por certo, a gacela frenou "en seco".
Publicar un comentario