martes, septiembre 07, 2010

Chiscadela de Feijóo

¿Comerán o turrón todos os conselleiros da Xunta de Galicia sen seren antes descabalgados por Feijóo dos postos que ocupan actualmente? Hai quen di que non, polo menos no que se refire a dous casos. E, se ao turrón aínda poden chegar, o máis seguro é que dificilmente acaden a noite de Reis ou o San Xiao.
O presidente da Xunta, definitivamente centrado no seu papel de gobernante galego e alonxado, como dixo Rajoy, das quinielas dun posíbel e futuro goberno de dereitas que se poda estabrecer no Estado, estaría valorando moi seriamente as posibilidades de incorporar as suxestións que lle están a facer dende dentro do seu propio partido para recuperar canto antes o “galeguismo” que perdeu o PP coa desaparición de Manuel Fraga do poder.
O primeiro golpe de timón levaría por diante a dous conselleiros e a práctica totalidade dos seus equipos. O de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad. O presidente estaría estudiando a conveniencia de refundir ambas consellerías nun só departamento para o que xa estaría buscando un “merlo branco” que o encabezase. Entraría no posíbel que algunhas competencias recollidas actualmente pola Consellería de Cultura pasasen a formar parte doutros departamentos da Xunta. Podían ser, por exemplo, as de xestión do Patrimonio.
Con estas medidas, Feijóo trataría de aplicar os seus coñecidos principios de austeridade administrativa en tempos de crise e chiscaríalle o ollo aos que, mesmo dende o interior do seu partido, estanlle reclamando unha volta estratéxica ou polo menos táctica ao galeguismo.
Verase de aquí a seis meses.

3 comentarios:

Caralladas dijo...

Non me creo nada. Nada de nada.

Anónimo dijo...

Non sei se atoparán o melrro brango, pero sei que terán que desfacerse do páxaro celestial, o Anxo Lorenzo, que deixou que lle cortaran as alas que di que tiña antes de mergullar na política. Dando por boas as fontes informativas de don Perfeuto, temos que ter en conta que ó Feijoo xa lle costou poñer os que ten, e, ademáis, terá que combinar os recortes cunha aparente normalidade
-presentadoo como aforro, pero non como crise- e ó Anxo desalado e os dous conselleiros, ademáis dun Secretario Xeral e algún outro posto duplicado, serán os únicos cerebros (¿.?) decapitados.

Anónimo dijo...

Estaría bo que destituíran a Anxo Lourenzo. Tería coña, tivo a oportunidade de intentar algo, pero saiulle algo tan lesivo para o galego, que tería que ter dimitido. Non o fixo, satisfeito da súa "obra". Quedaría abraiado o rapaz se fora o propio Feijóo quen o sustituíra.