Unha festa familiar alonxoume de Santiago o sábado pasado. Perdín, polo tanto, o directo do concerto de Carlos Núñez-Paddy Moloney-The Chieftains. Á miña volta, o domingo pola noite, vin e escoitei o diferido que emitiu a TVG e quedei admiradísimo. Aquilo era a música, a arte, Galicia e o mundo. Tanto me asombrou que estiven a piques de escribir aquí, aquela mesma noite, que por fin había algo da Xunta de Galicia que podía aplaudir ata romperme os dedos. Isto é o que ten que facer un goberno galego que se preze: organizar un concerto tan bo coma este, ofrecelo gratis e difundilo debidamente pola televisión pública.
Menos mal que non caín na tentación. Quizais foi un sexto sentido o que me fixo reaccionar inconscientemente como se todo o que vira e oíra fose demasiado bonito para ser certo. Efectivamente e segundo leo hoxe en La Voz de Galicia, os da Xunta, os do Xacobeo ou os que fosen cagárona coma case sempre, ata o extremo de estaren a piques de fare un casino de campionato. ¿Por que será que nunca podemos facer nada rematadamente ben?
Di Nacho Mirás nas páxinas do citado xornal que “en el concierto que Carlos Núñez, la Sinfónica de Galicia y The Chiftains protagonizaron la noche del sábado en el Obradoiro –un espacio que pertenece a la Humanidad– sobraba el generoso acotado VIP al que sólo se podía acceder por invitación”, e que habería que reformar “el sistema de castas en las convocatorias que se presentan como gratuítas”. Debeu ser moi gorda a cousa para que un periódico que exerce habitualmente de botafumeiro do goberno de turno –sempre que non estea encabezado por Zapatero– arremeta como arremete contra o abuso de poder dos que organizaron un concerto que se presentou como gratis e para o público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario