viernes, noviembre 26, 2010

Fórmula atraco

En Galicia está empezando a suicidarse a xente por falta de cartos (ocorreu en Lalín e acaba de pasar en Ourense). En Londres hai quen se pasea pola rúa con xoias e reloxos que custan corenta millóns das antigas pesetas. Non fai falta ir ao terceiro mundo para atopar enormísimas desigualdades.
A Bernie Ecclestone, propietario dos dereitos comerciais da Fórmula 1, e á súa acompañante, a brasileira Fabiana Flosi, catro ladróns roubáronlles xoias e reloxos por valor de 240.000 euros cando se dispoñían a entrar na sede da súa empresa en Londres. Con tanto parné enriba do corpo vai calquera a traballar, aínda que teña 80 anos, como é o caso de Ecclestone.

2 comentarios:

Unknown dijo...

Moi espabilado non é... ¿a quen lle pasa pola cabeza, pasear coberto de xoias, tal como está o patio?

E non me da pena, ten dabondo, os que dan lástima son os que non teñen ni para comer. E como dis ti, non fai falta ir moi lonxe...

Bicos

Perdoa o galego, ainda estou aprendendo,jeje

Anónimo dijo...

retirada por zapatero la ayuda de 426 euros a los desempleados de larga duración......