De esquerda a dereita, Álváro Cunqueiro, Manuel Rodrigues Lapa, Fernández del Riego e Sebastián Martínez-Risco.
Ramón Loureiro, que vai camiño de converterse no mellor articulista que dan ao prelo agora mesmo os xornais galegos, publicou o domingo pasado en La Voz de Galicia un excelente artigo titulado O Vello Reino no que, sen a follarada seca nin a retórica atorrante que caracteriza a maior parte dos santóns do actual columnismo galego, rememora un importante aspecto das personalidades de Álvaro Cunqueiro e Francisco Fernández del Riego.
Conta Ramón a experiencia persoal que viviu na casa da praza maior de Mondoñedo, “na que Cunqueiro escribiu os seus mellores libros (o Merlín, As crónicas do Sochantre, o Sinbad..”, falando con Carmiña, a irmá do escritor, en compañía do bispo Sánchez Monge e Alicia Tella-Villamarín, “a tan querida bibliotecaria mindoniense, que coidou de Carmiña fielmente ata os seus últimos momentos”.
A irmá de Cunqueiro faloulles das “penurias sen límite dunha postguerra na que Álvaro Cunqueiro sufriu de xeito terrible, mentres non tiña outras portas abertas que as da súa cidade, feita de soños antes que de pedra”.
–Aquilo foi tremendo, tremendo, lembra Ramón Loureiro que repetía ela.
E, por romper aquela tristeza, díxolle:
–Salvárono os libros.
–¿Os libros...? Non, non foron os libros. Foi Paco del Riego, retrucou Carmiña Cunqueiro.
Sei ben o que lle quería decir a irmá do escritor a Ramón Loureiro porque sobre iso faloume a min de vagar o patriarca das letras galegas que acaba de deixarnos orfos. Algún día quizais volverei con detalle sobre este particular. Mentres tanto, agradézolle a Loureiro a preciosísima peza xornalística que nos brindou o domingo, sen dúbida o mellor artigo que lin ata agora glosando, en contadas palabras, a figura de Don Paco.
6 comentarios:
Meu admirado Don Perfeuto:
(Son eu, Ramón, aka Almiral Mouchez...)
Agradézolle infinitamente a súa mención ao meu artigo e as inmerecidas loanzas que, inspirado pola amizade, vostede me dedica no seu blog magnífico.
Pero aínda moito máis lle agradecería que vostede escribise e publicase, un día, ese libro que todos estamos agardando.
Vostede sabe -e permítame que así o diga- de don Álvaro, de don Paco e de tantos como fixeron do noso Vello Reino o Gran País que hoxe é nos corazóns... o que non sabe ninguén máis.
E con isto, calo.
(Déixeme, iso si, mandarlle o maior dos abrazos, ademais de a vostede, a todos cantos amigos frecuentan con nós esta marabillosa casa de soños e palabras que é Croques. De novo, un millón de gracias.)
Ramón Loureiro
Bo o artigo de Loureiro e bos, Quizáis, os consellos que lle da.
Póñase a elo, faga vostede o favor.
Moi agradecido, Don Anónimo.
Temos que insistirlle a Don Perfeuto sen pausa para que escriba ese libro, tan necesario.
O que conte fará, de novo, e desculpen a insistencia, que o noso país sexa máis grande.
Saudações e parabéns para o caro Almiral Mouchez.
Muito gosto da foto em que aparece dom Sebastião Martínez Risco; com a morte do grande dom Paco está-se a esquecer que foi ele quem começou a recuperação da RAG; o que passa é que depois chegou dom Domingos e mandou tudo para o caralho. Que gosto esta nova atividade dos croques
Don Foz, meu querido amigo...!!!
Moitas grazas, irmán...!!!
E non esquezas que agora que xa coñeces o Monte de Ancos, temos o Coto de Marraxón pendente...!!!
Alí aínda non subiches nada...!!!
Don Perfeuto, comprobe vostede que, en canto recobra un mínimo de actividades, eiqui volven a aparecer os incondicionáis. Mereceo. quizáis.
E como é que Lopez ainda non lle fixo o seu particular homenaxe a don Paco?
Publicar un comentario