Parece ser que os Méndez, os Gayoso e outros amos do diñeiro desta terra foron calquera cousa menos bos xestores e administradores do capìtal dos galegos. Investiron como lles deu a gaña no ladrillo e no cemento ata que chegou o que tiña que chegar e lles pillou os dedos na porta, e agora –outra volta!– imos ser os contribuíntes de sempre os que teñamos que porlles esparadrapos nas feridas. Faltaría máis. Pero o máis grave de todo é que, por riba, parece que nos queren tratar coma borregos.
Eu sei pouco de economía, menos de esparrelas financeiras e nada de virtualidades economicistas, pero abóndame con decatarme de que imos polo camiño errado. Se eu ou vostede, lector, nos arruinamos, imos fodidos. Embárganos o pouco que nos vaia quedando e ninguén –nin Banco de España, nin gobernos nin a carolina de ambrosio– acoden no noso auxilio. Non digo que haxa que facer o mesmo con toda esa angarelada que nos levou á crise, pero indígnome –que razón ten Stéphane Hessel– coas rodas de muíño coas que nos fa comulgar máis cada día que pasa.
Boto de menos que, entre tantos Mouriños, Messis, Ronaldos e Guardiolas que enchen os seus petos pegándolle patadas a unha esfera de coiro, non haxa por estes páramos ningún Éric Cantona que lles cante as corenta a tanto aprendiz de Madoff que andaron saltando do avión ao salón e do salón ao avión nos últimos tempos. Os de Tunez souberon berrar basta, e gora os exipcios están aprendendo a gritalo. Aquí parece que estamos como cando Max Aub, no ano 1969, volveu a España e atopou un pobo indiferente e desmemoriado. Como apuntou Hessel, a primeira década do noso século rematou cun fracaso estrepitoso. Ata cando lles imos permitir aos Catilinas do dólar, do euro, do yen e do renminbi que esgoten a patientia nostra?
3 comentarios:
Eu quisera saber que carallo de alucinóxeno lle meteron a Zapa cando tivo aquela xuntanza cos putos "mercados",alias os Botín e compañía. Acabaran coas Caixas,meteránlle capital público e logo venderánse aos Bancos.
Como non se faga dunha puta vez cos "mercados"alias bancos, como fai este Chávez, imos de puto culo.E logo meter na cadea a todos os responsables desta desfeita, e tirar a chave ao mar.
Chávez amenaza con expropiar la filial del BBVA
"O cumple con las leyes o entrégueme el banco"
http://www.publico.es/dinero/358331/chavez-amenaza-en-directo-con-expropiar-la-filial-del-bbva
Concordo totalmente con vostede.
Saúdos.
rtdfccc346
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
golden goose outlet
Publicar un comentario