jueves, noviembre 10, 2011

Os xabaríns de Feijóo

Imos mellorando (dende o punto de vista dos bípedos). Cando Fraga era presidente da Xunta atropelaba paisanos que ían tranquilamente pola estrada adiante. O seu sucesor, Alberto Núñez Feijóo, leva por diante porcos bravos en plena autoestrada. Se cadra son consecuencias dos excesos de velocidade que lles permiten os poderosos aos seus condutores. Fan e aplícanlles aos demais leis que logo eles incumpren tanto e canto lles dá a gana.
Esta vez non deixa de ser curioso que os dous xabaríns que interrumpiron a marcha nocturna do presidente da Xunta andivesen libremente pola autoestrada AG-53, que vai de Santiago a Ourense. Debe ser que a galopante reducción de gastos públicos tamén afecta os valados de protección deste tipo de vías de comunicación. Ou quizais os pobres xabaríns, fartos de tanta cacería artellada contra eles, pensaron que estaban máis seguros no carril central dunha autoestrada ca nos seus propio medios naturais, dos que son desprazados decote sen máis razón ca de divertir unha morea de Rambos de licor café.
Xa estou imaxinando a que se vai armar contra os porcos bravos agora que se atreveron a meterlle un susto no corpo ao presidente da Xunta. “A por eles”, van berrar máis de catro oportunistas co cerebro pintado de camuflaxe e as man apretadas sobre a culata e o cano dunha escopeta.

1 comentario:

Anónimo dijo...

me pai ta,en jodeo o mercedes contra un xabari e iba a velocidde ds estrada, e algo increible e pareceme unha subnormalidade fribolizar cun atropelo dunha persoa e como non cun accidente sea como sea este. O que pasa e que si non hay cerebro pois este articulo e o seu resultado