Segundo lle dí hoxe a Carlos Herrera, en artigo publicado en La Razón, Alvite encaixou este contratempo sen pestanexar, non porque sexa un valente senón porque sempre soubo que o seu devalar pola vida “sería unha viaxe na que inesperadamente ao tren se lle acabarían por atrás o fume e por diante as vías”.
Estou seguro de que esta é a primeira vez na que o gran creador de excelentes metáforas se equivoca. Ao tren de Alvite tenlle que quedar aínda moita vía por diante e moito fume que botar atrás. Iso é o que lle desexamos os centos e miles de persoas que admiramos e lle queremos ben a José Luis Alvite. Os que lle debemos tanto por ternos alegrado e ilustrado a vida cos seus artigos incomparábeis, coa súa bonhomía e co seu infinito cariño. É la vita, Alvite! Non nos falles. Chegar por ferrocarril a unha cidade sen tren non é un estúpido soño.
2 comentarios:
Había tempo que non sabía do xornalista José Luis Alvite; efectivamente os seus artigos son boísimos e extraordinarios (diría que ás veces inmellorables); eu tamén lle desexo moita vita ao grande Alvite.
Estudei en San Martiño Pinario na década dos 60.Quedoume gravado,debía ser o pai,que cubría a apertura do curso académico a que asistían autoridades civiles,militares e por suposto o Cardeal Quiroga.Sempre viña antes e se metía entre os seminaristas e nos incitaba a que lle comentaramos anécdotas dos profesores.Despois líamoslle os artigos no periódico cando iamos de vacacións.Naqueles tempos estaba prohibido ler a prensa.Botábante se che collían un periódico.TEMPOS AQUELES.
Publicar un comentario