Parece que hoxe entrou en vigor a nova lei de protección da costa galega que, durante os próximos dous anos, prohíbe construír edificios a menos de 500 metros do mar. Esta medida, promovida polo goberno de coalición formado por socialistas e nacionalistas, sen dúbida é polémica, pero algo había que facer para combater o desaforado imperio do ladrillo que está destruíndo a paixaxe galega e o medio ambiente.
Falta agora por saber se se vai cumprir ou como se vai aplicar. Non vaia ocorrer como con tantas outras medidas legais que acaban verténdose polo fondo dun saco roto. Sobre todo cando se trata de medio ambiente. Véxase, se non, o que acontece con Reganosa en Ferrol ou, algo moi recente, o que está a pasar en Ames cunha planta de asfaltos sobre a que os gobernantes municipais o único que fan é mirar para o outro lado. E iso que tamén son socialistas e nacionalistas. Faremos máis, di a propaganda do PSOE. Non vaia ser que sexa facer o canelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario