Quen é o alto cargo da Xunta que acaba de romper o seu segundo matrimonio e se foi vivir a Vigo nun piso alugado? Os que acerten serán premiados cun exemplar dos
Fragments of Ancient Poetry, collected in the Highlands of Scotland and translated from the gaelic or erse language by James Macpherson.
18 comentarios:
Querido croqueiro
as far as I know, a rotura e, de momento, de convivencia, non do matrimonio, ainda que pode que vostede sempre mellor informado, teña novas de última hora.
Merece unha reflexión saber por qué ó divorcio e novo matrimonio de Sarkozy lle adicamos tanto interese e ninguén quere dar o nome do poncio galego.
Será que e mellor ser Espartaco nunha de románs que nun serial rosa
Ou sexa, que o rumor é verdade?
Cuestión
Quinindiola, esta que vostede presenta
Quininépatanto. Seapárase moita xente todos os días e non pasa niente.
Aquí a cuestión está en que o quininpasa está enriba da táboa.
Das táboas quererá dicir vostede.
Verá, sr. Perfeuto, non pode haber divorcio porque non houbo matrimonio previo.
Por outra banda, nesta bisbarra do rei Alfonso X, o rumor era de hai xa un tempiño,ademais, xa había unha aposta latente, esta si hai moito tempo, que a "becaria" non era becaria para o tipo e, xa que logo, moito tempo xunto non ían durar.
Non se me misture en asuntos do cuore e deixe correr a auga.
Saúdos
... E ninguén dixo nada.
Afortunadamente inda interesa máis o que pensan os políticos que con quen se deitan.O día que tamen nos interese o que fan con nosos cartos...
O que fan cos nosos cartos? Pois gastalos en deitarse, por exemplo. Ás veces para durmir cómodos. E outras para o que xa me entende.
!Cánto lercheo! Moito mellor que "jodan" que que nos jodan.!Que esto son dos días! Carpe diem meus.
Os políticos poden deitarse con quen queiran pero esperase deles que non sexan unha panda de hipócritas, que agora usan a imaxe de familia feliz para a campaña, agora apelan a liberdade de deitarme con quen queiran, penso en Ansar que nos meteu na boda da súa filla no medio do telexornal e despois denuncia a quen dixo que andaba de ligoteo por Europa porque seica era a súa vida privada.
Sí,este tamen sacou fotos cos gemelos no País. En fin, o persoal ten que quedar na casa de cada quen. Véase o caso Obama e as valoracións á indumentaria de sua señora, unha avogada de gran valía. Espero que non caiamos aquí no mesmo
Perfectiño, se " gobernáras a túa vida , érache millor,e non meterse na vida dos demáis,¿ e por que non conta-la túa vida, por que a xente non te coñeze ben,non sexas " Maruja", e insisto,tí goberna túa vida, ou conta a túa,que tamén é boa de carallo,unha aperta,e deixa vivir á xente,e viva os bulos de do desPERFECTO e de Conde nada,que vaia ben
Ai,o poder, o poder. Canta erótica desprenden os machos alfa dotados de poder. Político. Económico. No caso da dama á que aluden os comentaristas deste foro, semella que saltou da cama dun Rei tan cheo de cartos coma tódolos reises á dun vicepolítico que non ten un can pero manda moito carallo. Home, podería ser máis explícito e poñerlle nomes ao asunto. Pero como aquí sodes deses galegos acojonados e "comprensivos" dos que fala o cónsul de Fenosa en Galicia, ímolo deixar así. Agás que me pidades datos, ho. Aínda que eu preferiría informavos sobre as intríngulis dos muiños do vento. Que esa sí que é unha cama redonda.
Ala!Veña lercheo!
En Campaña Electoral non me creo nada.
Se anda un rei por medio neste lio de saias, a ver se o cabreo da Coz co BNG en vez de eólico é pasional?
Publicar un comentario