jueves, enero 15, 2009

A falda escocesa

Son dos que sempre deixamos para última hora o que temos que facer. Por exemplo, no meu caso, rematar a traducción ao español dun interesante libro da investigadora francesa Anne-Marie Thiesse titulado La création des identitités nationales (Édition du Seuil, París 1999). Alexandre Diéguez, o editor que vai publicar a versión en Ézaro Ediciones, ándame a reclamar que remate o libro e, aproveitando os extraordinarios frios deste inverno, pecheime a carón da chimenea para ver se chego á páxina final antes de que remate xaneiro. Mara, a miña querida cadela, e os meus gatos anímanme moito e hai días que traballo doce horas sen parar.
Hoxe, por exemplo, pasei pola páxina 194 do libro e ata o pasei ben vendo como se inventou a famosa falda escocesa (kilt). “A actual falda escocesa –di Anne-Marie Thiessesería creada por inciativa do propietario dun estabrecemento siderúrxico do Lancashire, que necesitaba carbón de madeira para a súa empresa. En 1727 concertou un acordo co xefe dun clan esccocés para explotar os montes das Highlands, o que o levou a contratar persoal local para a fabricación do combustíbel e a descubrir que a vestimenta usual dos seus obreiros era inapropiada para o traballo requerido.
Os highlanders pobres, ao non dispor de medios para comprar vestidos cortados e cosidos, pantalóns e calzóns, levaban o máis económico dos hábitos: unha manta agarrada pola cintura que, cando era necesario, tamén se volvía útil para durmir ao sereno.
O industrial inglés, desexoso de que os seus obreiros levasen unha vestimenta máis adaptada ao seu traballo, chamou a un xastre militar e encargoulle que transformase o máis sinxelamente posíbel o hábito dos highlanders pobres. Tesourazo á talla e dobras cosidas: naceu a falda escocesa.
O novo vestido pronto foi adoptado ampliamente, pero por pouco tempo: o esmagamento da derradeira revolta xacobina, en 1745, entre outras tentativas de erradicación do particularismo escocés, levou consigo a prohibición de calquera vestimenta específica. Os highlanders foron obrigados a pasarse ao pantalón, agás os soldados dos rexementos escoceses ao servizo da coroa inglesa que conservaron o dereito de pasear gloriosamente sobre os campos de batalla o seu kilt, que non foi posto nunca máis pola xente do pobo. Porén, a falda escocesa puido chegar a ser –dende que foi levantada a súa prohibición en 1782– a vestimenta adoptada polas clases superiores cando querían fachendeárense da súa prestixiosa orixe.
Grazas o labor cumprido polo xove Macpherson e o seu bardo antigo, os highlanders vencidos pasaron ao estatus de antigüedades eminentes do Reno Unido. A burguesía escocesa e a nobleza anglicanizada puxéronse a lucir custosas e sofisticadas versións do kilt, considerado logo un vestido escocés da máis alta antigüedade tanto polos militares como polos civís acomodados. O kilt debe probabelmente o seu éxito ao que ten de antítesis do pantalón, “uniforme masculino” da modernidade burguesa. Tamén os Wittelsbach honraron unha vestimenta que destapaba a perna cando lanzaron a moda masculina da caza alpina, e fixeron do calzón de pel o traxe identitario dos bávaros. A iconografía consagrada na Bretaña, ao longo do século XIX, tamén mostra como a determinación progresiva do vestido tradicional leva ao abandono do pantalón longo en proveito do pantalón bombacho branco”.
A que un libro así poderalle resultar emocionante ao lector? Polo de agora, o tradutor está emocionadísimo.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Supoño que terá a versión portuguesa, que sempre axuda á tradución.

Anabel dijo...

!Qué faltada, colega!

Anónimo dijo...

Non sabía eu que existira unha traducción portuguesa. Debe ter razón Anabel. É unha faltada sin dcoumentación. O sexa, anónima. Coma min.

Anónimo dijo...

Non o dicía para faltar, non sexan maliciosos nin malpensados.

E é certo que o libro traducido existe de verdade. Queren a ficha?

Pois aí vai:

Anne-Marie Thiesse, A Criação das Identidades Nacionais, Lisboa, Temas & Debates, 2000.

De nada.

Almiral Mouchez dijo...

Home, MacPherson...!!!!

Canto tempo....!!!!

Sarmiento dijo...

Recomendables tamén os traballos de Trevor-Roper.
E a pregunta do millón: nun país que traduce cada ano miles de obras do extranxeiro, como é que hai 9 anos que se editou este libro e ainda está sen traducir? e porqué está traducido ao portugués?

Bibliófilo incompleto dijo...

[Son o que antes asinou como anónimo e agora como bibliófilo incompleto]

Se se refire ao traballo de Trevor-Roper incluído na clásica obra editada por Howbsbam e Ranger, hai xa tempo que existe unha tradución ao castelán, e moito antes ao catalán. De feito, Thiesse baséase basicamente nela.

Non hai millón ningún para esa pregunta. Porque a resposta é doada: non hai tradución porque ningún editor español se preocupou polo libro até hoxe. En troques, en Portugal si. En Portugal tradúcense bastantes obras internacionais que non se traducen ao castelán. E viceversa.

A pregunta, se non do millón si de medio millón, sería por que en Galicia non hai nada disto nin ten trazas de habelo?

Sarmiento dijo...

A ese me refería e tamén ao que deixou a medio facer cando finou.

É verdade o que di da disparidade de traducións en España e Portugal (sería interesante estudar as características desa disparidade), a cuestión é como é posible que dado o "candente" do tema na España non lle interesase a ningun editor ata agora.

Eso de desmitificar non debe de vender tanto como o de mitificar :-)

Anónimo dijo...

No Foro de Arroutadas teñen a esta hora un debate moi interesante, sobre a caída da Conselleira de Cultura. Din que nin unha soa voz de todos os seus artistas e escritores de cámara saíu en defensa dela. Curioso. Dá que pensar. A ver se vai ser verdade que aquí nunca cambia nada, por moito que o pareza. Porque que nin un só dos bebedores de moghitos diga unha palabra, aínda que sexa para dicirlle que lle vaia ben, demostra que o persoal cambia de bando cunha facilidade tremenda.
Onde andan dos dos Premios NAZONAIS?
E todos os que cobraron subvencións de Cultura que tanto podería ter ido aos seus petos coma a outros?

Anónimo dijo...

Certo, nin un só. Nin un teatreiro, nin un pintor, nin un escritoriño, nin un peliculeiro. Ninguén. Carallo coas lealdades DOS NOSOS. Co contentos que estaban facéndose fotos e paseando coa cansallaeira.
Outro anónimo

Perfecto Conde dijo...

Secadra con retraso de máis -estes días ando moi ocupado-, agradézolle ao Anónimo que me suxeríu consultar a traducción portuguesa do libro de Anne-Marie Thiesse que se dirixise a min con ánimo de axudar. Non se me ocorre pensar que o fixese para tocar a gaita nos meus oídos.
Eu sabía que existía esa traducción porque mo dixo a autora de "La création des identités nationales" a última vez que comín con ela, pero nin ela mesma me soubo dicir daquela en que editorial estaba publicado en Portugal.
Adfemais, nin por asomo pensaría en ler esa versión antes de facer eu a miña traducción. E menos aínda seguila de preto. Considero que un debe ser o único dono ds seus erros, e iso de traducir de traduccións sempre leva o risco de herdar os erros dos demais. A versión española que eu estou facendo do libro seguramente rematará sendo mala, per ha ser miña.
Iso si, cando vaia a Portugal, rematado xa o meu traballo e publicado o volume en España, non me esquecerei de comprar "A criaçao das identidades nacionais", que con moito gusto engadirei á miña biblioteca.
Moitas grazas ao comunicante.
Perfecto Conde

Bibliófilo incompleto dijo...

Non, home, eu non dicía que copiara nada. Dicía que podía axudar a clarificar algún aspecto concreto da tradución. Iso é o que se adoita facer pola maioría dos tradutores. Mais se traballan con profesionalidade só o consultan para cotexar determinadas solucións, non para plaxiar nada. Por suposto que a de don Perfeuto ha ser unha excelente versión, faltaría máis.

Anónimo dijo...

Don Perfeuto, o das faldas non está mal, pero ¿fala algo do noso?
E moito ollo, que desmitificar non ten por qué ter que decir destruir. Podería so tratarse de poñer as cousas no seu sitio.

Carqueixa dijo...

Parabéns polo seu premio "Diego Bernal".
Aínda que comento moi pouco no blog, non teña dubida de que o leo todos os días. Dígolle isto para animalo a que o actualize máis a miudo, se puidera ser fágao a cotío.
Saúdos, e de novo parabéns polo premio

Almiral Mouchez dijo...

Parabéns que, se me permite, eu reitérolle hoxe tamén.

Noraboa!

Non se acaba o mundo... ou si, dijo...

Parabéns da miña parte por un premio tan merecido.

sandra barboni dijo...

Don Perfeutiño, cambíeme xa de saia ou "kilt", que esta máis ben semella roupa vella ou xatevín. Ande, non sexa malo. Por certo, que ben que lle deran ese premio con sabor ás copas que temos tomado con Diego Bernal, xornalista da vella escola, de raza que diría un retórico, un nachiño que ao escribir chantaba unha ollada limpísima no bafo da cidade levítica.

sticker dijo...

vintage dior
christian dior bag
dior bag
dior handbag
dior handbags

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,