martes, enero 27, 2009

Diego Bernal

Intenciona-
damente, non quixen falar de min estes días en Croques. Refírome a que non me expresase en ningún momento sobre o Premio Diego Bernal que inmerecidamente me concedeu a Asociación da Prensa de Galicia, presidida por Arturo Maneiro, e que me foi entregado o pasado 24 deste mes.
Pasada xa a romaría, coido que sería ingrato pola miña parte non comparecer para dicir que fiquei gratisimamente sorprendido, infinitamente agradecido e felizmnte satisfeito pola honra qu significa para min que teña agasallado a APG a trexectoria profesional da miña vida. Por ser esta unha entidade profesional integrada por compañeiros de oficio cos que máis dunha vez polemicei sen disimilulos, resúltame especialmente agradábel recibir o seu galardón, que leva, ademais, o nome de quen foi en vida un bo amigo e meritorio colega, o inesuqecíbel Diego Bernal.
A Juan López Rico, excelente xornalista, gran debuxante e humorista singularísimo, agradézolle a proteica laudatio que me dedicou. Con trovadores coma el podería un ata gañar o Nobel dalgunha Cousa se a Academia Sueca lle deixase falar. Grazas, López, moitísimas grazas, e a ver cando me fas algun debuxiño para Croques, que non todo ha ser falar ben de min.
En fin, que saín do hotel Puerta del Camino con ego a reventar, e isto non debe ser malo unha vez na vida. Digo eu. Inmenso agradecemento a Arturo Maneiro, a Pepe Castro e a todos os que o acompañan na directiva da Asociación da Prensa de Galicia, a todos os que asistiron ao acto, a todos os que expresaron mediante telegramas, “emilios” ou telefonazos, a súa solidariedade, e grazas tamén aos que non lles deu a gaña facer nada porque de todos é o reino da Liberdade.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Moitas felicidades, vostede o merecerá

Anónimo dijo...

Parabéns de novo, don Perfeuto. Un premio, o seu, abondo merecido.

Anónimo dijo...

E que fai vostede deitándose na cama do Opus Dei e da droite-divine?
Imaxinaba a Conde homenaxeado polo Colexio de Xornalistas de Galiza ou por algunha asociación ou sindicato dos progres, pero elevado aos altares polo Opus e por Caixagalicia nunca serían capaz de velo.
A realidade supera á imaxinación.

Anónimo dijo...

Vivan ós anónimos discordantes! Se non fora porque xa estamos feitos a eles poderíanse interpretar mal. O problema o teñen as "organizacións ou sindicatos progres" que non son quen de adiantarse a xogada e recoñercer os méritos de don Perfeuto. É súa a culpa? (de don Perfeuto?). O asunto é que os da corda están máis atentos as envexas e ó peldaño. Mais mérito ten ainda que, como di a propio homenaxeado, sexan o contricantes ideolóxicos os que sexan capaces de recoñecer unha exemplar traxectoria profesinal. Porque ten moitos defectos don Perfeuto, pero o de ser un compañeiro fácil, cómodo e confortable, non é a súa debilidade. E quenes son capaces de recoñercer a súa independencia de criterio, ainda a miudo molesta, sendo xornalistas, fan algo pola libertade de opinión.
Pero o pior e máis rendible agora mesmo falar ben da xente afín e conformista e non darlle distincións o "peligrosamente" independente.
Parabéns, don Perfeuto

Anónimo dijo...

Certamente non parece que o progresismo gobernante teña feito ningún recoñecemento ó xubilado que dedicou a súa vida profesional a remover o ñoño, o incívico e o corrupto da nosa sociedade. Tampouco o vexo moi frecuentemente nas prebendas (léase tertulias) radiofónicas ou televisivas. ^
E tiña que rexeitar o premio?

Anónimo dijo...

Un premio non sería tal neste pequeno e verde e marabilloso país se,acto contino,non caesen das polas das nosa árbores as mazás podres da envexa.Que se disfraza neste caso de "pureza" ideolóxica. Ai,Señor Pureta Anónimo,e como se te ve o rabo,lampantín.

Luisfoz dijo...

Penso que é evidente que o administrador da bitácora tinha o prémio bem merecido. Em quanto às elucubraçons que se fam sobre quem dá o prémio, etc etc tenho a dizer que o senhor Conde deixa bem clara a sua preferência pola laudatio de Joám López Rico, a ver se vai resultar que o caro López pertence à Obra ou a droite-divine... amos anda que dim em Madrid.
Em quanto a pertinência de outras homenagens e outros homenageadores concordo por completo mas porque essa pulha por ter recebido este?

Anónimo dijo...

O tema intrígame a tal punto que procurei información encol da entrega do Premio Diego Bernal a Perfecto Conde. Díxéronme que, agás dous catedráticos da Universidade de Santiago, pouca xente máis do establishment cultural e político-administrativo fixo acto de presenza. Até lle fallou, polo visto, o secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, que anunciara a súa.
Será que o xornalista que, durante un tempo, foi o trampolín das ideas progresistas galegas cara á prensa do Estado agora é desprezado polos socialdemócras e os nacionalistas de esquerda que gobernan ou polos caciques da cultureta? Dinme que, dese mundo, a penas foi Víctor Freixanes o único que mandou unha comunicación de adhesión ao acto.
Que curioso resulta observar que a dereita é máis sensible nestas cousas. Algo nos está pasando.

Anónimo dijo...

A traxectoria de Perfecto fala por si mesma.

E todo canto el escribiu, aí está.

O que lamento é que non faga un libro de memorias...

(Noraboa de novo polo galardón, que eu creo que aquí aínda ten xa non dobre, senón triple mérito, porque é no noso Vello Reino unha tradición moi querida que os premios só sexan para os de Estrita Observancia, categoría na que o noso amigo, evidentemente, non entrou xamais.)

José A. Gaciño dijo...

Felicitara a Perfecto (ou Perfeuto como gustan algúns de chamarlle) na intimidade dun correo persoal, pero, despois de ler estes comentarios e advertir as reticencias incomprensíbeis de certos sectores que se supón que son tamén os nosos, apresúrome, ainda que sexa con retraso, a expresar publicamente a miña adhesión á homenaxe rendida a Perfecto. E repito públicamente o que lle escribía nas vísperas do acontecemento:
"A concesión dese premio honra aos que tiveron a dignidade de recoñecer a persoalidade crítica dun dos mellores xornalistas de Galicia de todos os tempos. A túa
propia honra está moi por enriba destas distincións convencionais, pero nunca está de máis que se faga público, sobre todo cando o premio vai unido ao nome dun profesional tan entrañábel como Diego Bernal. Con toda a saudade deste galego autodesterrado. Unha fonda aperta de Gaciño".
Pois iso: que uns quedaron honrados e outros preferiron deshonrarse ou, polo menos, inhibirse.
Xosé A. Gaciño