Pucha, debo ir vello porque non me entero de nada! Resulta que hai máis dunha semana que cambiaron o capataz galego de El País e eu non souben nada ata hoxe. Será por culpa miña ou se cadra é que o xornal que hoxe é dos Polanco xa non causa os impresionantes efectos que producía antes?
Segundo parece, a Félix Monteira non foron quen en Madrid de atoparlle un buraquiño á súa medida na redacción central, lugar no que el triunfou durante moitos anos. Tamén se di que era o derradeiro mohicano dunha vella garda xornalística que eu pensaba que, de existir, estaría capitaneada por Juan Luis Cebrián, e resulta que non, que era el o que levaba o estandarte. Cabreouse e deu un portazo. Fóise do periódico no que traballou case toda a súa vida. Quizais porque se percatou de que, como di o conselleiro de Industria, é mellor irse antes de que a un o boten. Anunciou polo ubi et orbi de Internet que acepta ofertas de traballo. Non vai ter problemas de soidade. Hai polo menos catro millóns de compatriotas seus que tamén as aceptan.
O seu posto nas Galias pasou a ser ocupado polo que era o seu golfiño, Xosé Hermida, un xornalista do que eu sei hai moito tempo que é un dos mellores reporteiros que hai en Galicia. Agora vai ter que demostrar que tamén pode facelo ben de Lou Grant. Que se vaia preparando!
Nunca mantiven especial relación con Monteira, entre outras cousas porque a el non lle petou, e non vou ser agora un dos que tanto levan as mans á cabeza polo que pasa na rúa madrileña de Miguel Yuste. Algo sei eu diso dende hai varias décadas. Pero transmítolle a Félix Monteira a solidariedade que el non me mostrou cando a min tamén me apearon da que rematou sendo o que agora os seus amigos lle chaman vella garda de El País.
4 comentarios:
Cara..o, Don Perfeuto!!!
Vexo que segue vostede nun envexable -e supoño que, de feito, moi envexado- estado de forma...!!!
(Alégrome, claro.)
Que mal levan os triunfadores de vocación, eses que cando teñen un bo despacho sempre queren manter as distancias, que outros igual ca eles dicidan que os chopes se lles acabaron.
SUBSCRITOR
Que se estaban a dicir cando lles fixeron esa foto, Don Perfeuto?
Xa vería vostede sen dúbida, Don Perfeuto, onde foi dar Monteira...
(Por certo: co meu admirado Ernesto Ekaizer.)
Publicar un comentario