miércoles, septiembre 23, 2009

Bretaña 4

Agradézolles a Almiral e a Xosé M. González as recomendacións, sabias e fraternais, que me están dando para que a miña visita a Bretaña sexa a mellor posíbel. A Dol de Bretaña non podo ir desta volta, pero o que é o fervor chateaubrián non se me pasou, non. Claro que estiven en Combourg. É a segunda vez na miña vida que visito a fermosa vila onde está o castelo do escritor francés e, ademais, esta vez tamén visitei a súa tumba en Saint-Malo, mesmo con risco de que me deixase illado a subida da marea, e pasei unha mañá nas interensantísimas librarías de Bécherel, onde merquei unha curiosa edición das súas Memorias de Ultratumba que fixo La Pleiade en 1951.
Agora mesmo escríbolles dende Paimpont, logo de visitar Pontivy, Josselin e Ploermel. Dispóñome a perderme polos boscos de Brocéliande, a ver se Viviana fai de min un Merlín cunqueirán. Xa lles contarei.

6 comentarios:

Almiral Mouchez dijo...

Xa sabe o que dicía o Xeneral de Gaulle:

-Nada me importa, estou lendo a Chateaubriand...

(Aínda que, se cadra, non era De Gaulle.)

lourixe dijo...

A grande diferencia entre Bretaña e Galiza é a radical aplicación da lei de protección do litoral que hai aló. Quen nos dera! E iso, malia a turistificación galopante: a relación amarres deportivos/pesqueiros dá vertixe.

Xosé M. González dijo...

Chamárame a min a atención, cando aqueles contactos directos con Bretaña, que Ploërmel fose do país alto cando o nome tiña -para o meu oído- sonoridade céltica. Como don Perfecto ben saberá, había unha liña que separaba a Breiz-Izel (Basse-Bretagne, Bretaña Baixa), occidental, da Haute-Bretagne (Breiz-Uhel, Bretaña Alta), oriental, onde esta previa referencia idiomática marca a pista: fala bretoa naquela, gallo (d'oïl) nesta.

E en efecto: Ploërmel cadra no parte oriental sendo o topónimo céltico: 'parroquia de Santo Armel' sería o valor semántico. Acontece que en séculos moi devanceiros o bretón foi fala de case todo o territorio quedando fóra unha faixa no oriente, que, iso si, incluía as dúas capitais (Rennes, Nantes) e outras localidades de notable importancia, coma Fougères e Vitré.

Unha viliña, amurallada e seica fermosa, preto de Nantes é tamén testemuña: Guérande (Gwenn-Rann, véxase aquí o apartado 5.

Anónimo dijo...

Pero. Hai casinos en Bretaña?

Anónimo dijo...

Anda, retorna a Galiza axiña, que Anxo Quintana é comentarista da COPE. Ven, e verás que chachi..

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,