O caso da directora xeral de Formación e Colocación da Xunta, Ana María Díaz López, xa pasa de castaño escuro. Segundo publica hoxe El País, requeriu notarialmente a Dolores Seco, a traballadora que despediu, esixíndolle que rectifique o que decrarou durante o xuízo polo que foi condenada quen agora desempeña un alto cargo no goberno de Feijóo.
Empezou irrespectando os tribunais de xustiza ao pasar por alto a súa obriga de comparecer cando foi citada para a vista do xuízo. Despois non recorreu a sentencia emitida contra ela. E agora trata de determinar o comportamento da traballadora que a denunciou facéndolle chegar un requeremento notarial no que lle di que ou rectifica o que dixo no xuízo ou irá contra ela mediante unha querela criminal.
O asunto xa empeza a ser chocalleiro. Quen está pagada pola sociedade para vixiar que as relacións laborais transcorran coformes coa lexislación vixente, pasa dos tribunais de xustiza cando a chaman para declarar, vese condenada por unha setencia que non se digna recorrer e remata ameazando a quen tivo a dignidade de reclamar os seus dereitos, que un tribunal lle avaliou mediante unha sentencia que xa é firme.
En vez de dimitir, xa que non foi cesada, esta señora recorre agora a métodos que foron ben coñecidos noutros tempos. Os de de advertir a quen se atreve a erguer a voz con aquela frase que tivo tanto éxito: “No sabe usted con quien está hablando”. Claro que os tempos cambiaron, e a interpelada, Dolores Seco, non meteu o rabo entre as pernas senón que se apurou a dicirlle a interpelante que “non ten vergonza”. E se cadra é por esa beira por onde andan os tiros.
2 comentarios:
Vergoña non terá, non... mais a culpa non é soamente dela, senón tamén de quen a poiou ratificandoa no seu posto e mesmo exculpándoa cando existe unha sentenza firme.
O que está sucedendo arredor da directora de formación e colocación deixa patente a importancia dunha dimisión a tempo. Este caso bota por terra os bos propósitos asinados por Feijóo.
Esta tía ten máis cara que un zapato vello. Coido que nestes intres xa podemos aplicar aquilo de:" otro vendrá que bueno te hará". O digo polo bipartito. Aínda cos seus erros (algúns de moito carallo)íamos tirando a trancas e barrancas. Estes do PP están fodendo a Galicia a marchas forzadas e non digamos sobre o idioma,a cultura,o ensino e a sanidade. Imos de puto culo. Aqueles que lles votaron e agora están como tolos por o da gratuidade dos libros, que se fodan e que cada pau aguante a súa vela.
Publicar un comentario