jueves, septiembre 03, 2009

Catalanofobia

Anda pola rede, e esta vez asegúrolles que non é spam, un caso que pon os pelos de punta. Segundo informaron varis axencias e publican hoxe Diario de Mallorca, El Mundo, Abc e algún outro xonal, Iván Cortés e Laura, a moza que o acompañaba, cando ían tomar en Palma de Mallorca un avión para Londres, foron supostamente agredidos por axentes da Garda Civil por terse dirixido a eles en idioma catalán.
Os feitos sucederon o 7 de agosto e aparecen descritos polos propios afectados na seguinte dirección electrónica: www.llibertat.cat/content/view/6316/29/ De teren ocorrido tal e como contan Iván e Laura, que presentaron denuncia deles, estariamos ante un alarmante suceso de extralimitación, abuso e catalanofobia practicado por axentes da autoridade do Estado español que terían desprezado e ata atropelado a lexislación vixente. Sería, logo, moi grave que o sucedido en Palma de Mallorca rematase sen ser investigado e legalmente caracterizado e tratado con todas as súas consecuencias.

8 comentarios:

Antón Dobao dijo...

E a verdade será que as reccións viscerais deses axentes, se se produciron (que non é imposible), responde milimetricamente non aos delirios de dous túzaros incorrixibles, senón ao estado de odio visceral xeneralizado que contra as linguas e as nacións do Estado español promoven o PP, UPyD e a caverna mediática co apoio incondicional de certos presuntos intelectuais, Valdanos e xente semellante. Eses dous axentes ao cabo serían vítimas da labarada totalitaria que solta pola boca o dragón cavernario do que falamos. E a esquerda española non debera calar nin xogar a ser cómplice, por moito que, como a Patxi López (¡igualdade lingüística en Euskadi, pacta co PP!), electoralmente lles poida interesar.

Un lector dijo...

A noticia non nos pode coller de sorpresa aquí en Galicia, pois son moitas as persoas que cambian de lingua e pasan ao castelán cando se dirixen a un garda civil ou a un axente de policía. Fano para evitar posibles conflitos, nunha manobra preventiva. As reflexións de Dobao son moi acertadas. E as agresións continuadas do PP ao galego, tentando criminalizalo, acabarán por dar os seus froitos. Se é que non as paramos, algo que xa é socialmente imprescindible.

Anónimo dijo...

Os axentes da Guardia Civil que saen un día si e outro tamén na TVG falando galego...serán extraterrestres?

lor dijo...

O conflicto lingüistico aumentou, o identitario tamén. Esto evidencia o fracaso do Proxecto Zapatero. En Euzkadi estanse acadando uns graos de represión que lembran os tempos da dictadura, en Catalunya temos xa exemplos do que vai ser un proceso en auxe e na Galiza o grao de crispacíón acadado polo idioma fai pensar que vai ir a mais.

Todo un fracaso do proxecto estado-nacion español.

Hai que prepararse para a batalla!

SurOeste dijo...

Pois deben ser extraterrestres eses axentes tan "enrollados",a min nunca me tocaron deses.
Hai uns meses denunciei un caso ao SEPRONA, o axente que acudiu pediume o nº de DNI e o nome. Deillo con normalidade e protestou moi alporizado porque seique el non tiña obrigación de saber galego. Con paciencia infinita deletreeille o nome, pero non logrei calmalo e seguiu co típico discurso dos seus dereitos lingüísticos ata que lle parei os pés e lle dixen que o único que estaba facendo problemas alí era el, que eu chamábame como me chamaba e punto, fun buscar o DNI á casa e púxenllo diante dos fuciños.
De alí a dous minutos falaba galego, pero seguía rosmando.

Outra vez preguntáronme se o can que me escapara era macho ou femia. -"É can, polo tanto macho" contestei ríndome.
-"Yo no tengo obligación de entender... etc."

Non sei se me tocan todos a min, pero xa é casualidade.

Rémuro dijo...

Imaxinense o caso, pero mais suave e ao revés. Estaría en todolos telediarios, comeríamolo até con patacas, e daríanse mostras de ingignación, respostarían todos os políticos e condearían o acto terrorista.
Esto cada vez está peor!

Anónimo dijo...

Non é catalanofobia é amor a España.VIVA ESPAÑA!, los nacionalistas son todos terroristas en potencia ou facto.

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,