Que a política do poder hai xa tempo que ven sendo un chalaneo era cousa ben sabida, pero cada vez se vai facendo máis patente, como se está vendo na corda de mocións de censura que estes días se desenvolven en distintos concellos galegos. Botón de mostra, o que acaba de contar o agora ex alcalde de Láncara (Lugo), o socialista Darío Piñeiro, que foi convidado por Alberto Núñez Feijóo a formar parte da candidatura do PP nas próximas eleccións municipais.
O presidente da Xunta aproveitou a súa presencia en Láncara, co gallo de celebrárense alí os actos do Día das Letras Galegas, o pasado 17 de maio, para tentar ao daquela alcalde do concello anfitrión, defenestrado agora por unha moción de censura. “Foi ao remate da comida cando se dirixiu a min –acaba de contarlle a La Voz de Galicia– e dixome que, se non quería a moción de censura, que aguantase ata as próximas eleccións e que tiña que ir na lista do PP”. Piñeiro tamén engadiu que el non lle dixo que si nin que non. “Simplemente sorrín e díxenlle que faltaba moito tempo e que xa falariamos”, respondeu, o que non deixa tamén de ser outra forma do chalaneo que está tan de moda, por moito que agora explique que “os concelleiros socialistas e o do BNG fomos os únicos que non vendemos o voto dos cidadáns e mantivemos sempre a mesma liña”.
Costa comprender que un presidente da Xunta que prometeu rexenerar a política e a vida pública galega empece a aparecer repetidamente metido nestes fregados, que tamén pasan por facerse o despistado nun caso Gürtel que cada vez lle peta máis na porta. Se unha alcaldía coma de Láncara, que pouca máis importancia pode ter ca de recibir a Fidel Castro se o vello comunista volvese á terra dos seus ancestros, desperta tanto interese, ¿qué non estará disposto a facer Feijóo polas poltronas das grandes cidades galegas que non goberna o seu partido? A política do poder amosa tanta podredume como o alto mundo das finanzas ou do fútbol. Nela case todo é cuestión de talonario.
4 comentarios:
E digo eu... non sería moi fácil pillalos nun renuncio? Que un concelleiro dun concello onde o pepé estea a unha cadeira da alcaldía (Pontevedra, por exemplo), un do soe ou bng, se deixe querer, "se me pagas, se me ofreces un posto, se..." a ver por onde respiran. E cando vaian co cheque, grabalo todo.
Ademáis, polo que contan do Martin éste, seguro que non é difícil de collelo nunha desas.
Anda, si, dalles ideas. Verás como os dun lado cópianas, e os do outro acéptanas. ¡A la cesta!
E se facemos como, penso, que teñen proposto os de Esquerra Republicana?
Seica, os independentistas cataláns e republicanos avanzan que queren unha modificación do Código Penal pra lle meter máis pena aos políticos que meten man na caixa.
Moito ben. Por aí imos ben.
Unha mudanza no Código Penal, que asegurara que a todo político que trincara por calquer vía na caixa pública, incluída a modalidade de encargar estudos a seseores externos que non serven pra nada, pero axudan a financiar un partido independentista, republicano e catalán, ía-lle ser aplicada a "Doctrina Parot" e a imposibilidade de disfrutar de calquer beneficio penitenciario, non sei, pero talvez botaría para atrás a esta enorme pandilla de mangantes que, listos, saben que non van botar moitos anos no talego por roubar, delinquir, prevaricar, falsificar documentos privados, públicos e medio-pensionitas, e demáis ártigos do devandito código.
A este respecto, debo comenta-lle, señor Director, que en Pontevedra, vila nadal de Pablo Crespo, algunhs persoas do PP están alucinadas cos manexos de tan distinguido socio do Casino local.
Eu mesmo comentei que, cos cartos que ten Pablo Crespo amoreados en varios paraisos fiscais, mesmo podíamso comprar Navarra, que hai uns anos estaba en venta...
Pero o que me fai concluir que a especie humana non ten volta, é que unha reportaxe publicada polo "Diario de Pontevedra" sobre o caso do antigo Secretario de Orgaización do Partido Popular, sentou moi mal entre "antigos" colegas de copeo e mamoneo de Pablo Crespo:
"Piensa en su madre, tío. La mía se cruza con ella todos los días en el portal. Es que ya no puede la pobre ni pasarse por la Peregrina a rezar. Y, oye, las niñas, las hijas, con qué cara van a salir a jugar con sus amiguitas después del reportaje. Es que...".
Eu teño un par de amigos que pagaron cárcere durante varios quinquenios por lles trincaren atracando un banco.
Van pringar menos don Pablo?
Veña, que modifiquen o Código Penal.
A ver se lograos que esta xentuza roubemenos. Ou con máis medo.
Hi everybody! I don't know where to begin but hope this site will be useful for me.
In first steps it's very good if somebody supports you, so hope to meet friendly and helpful people here. Let me know if I can help you.
Thanks and good luck everyone! ;)
Publicar un comentario