lunes, octubre 19, 2009

Francisco Caamaño

Obrigacións de tipo familiar, que non veñen ao caso, imposibili-
taron a miña asistencia a manifes-
tación pola lingua que tivo lugar onte en Santiago. Non podo, logo, dar testemuña directa do que ocorreu nela nin opinar con coñecemento de causa, pero de paso que me sumo publicamente aos seus postulados aproveito para celebrar que despertara do seu sono o fogar de Breogán do PSOE.
Cando onte pola noite vin as imaxes e escoitei as palabras de Francisco Camaño, ministro de Xustiza, radicalmente pronunciadas a favor do idioma galego, empezou a quedarme clara unha idea: o PSOE xa pode ter un líder para o futuro de Galicia. A actitude de total compromiso co galego que mostrou onte o actual ministro de Xustiza non pode pasar desapercibida. Por fin, no PSdeG-PSOE as caras da película son moi distintas ás de Paco Vázquez e outros que, loxicamente, onte non pisaron as rúas de Compostela.
Non teño nada en contra do actual liderazgo de Pachi Vázquez, que tamén deu o callo esta vez polo idioma, pero alguén debería empezar a dicirlles que o nivel de excelencia, na loita pola aportación socialista á salvación de Galicia, xa non o marcan eles. No PSOE naceu unha estrela, e chámase Francisco Caamaño.

29 comentarios:

Carlos Callón dijo...

Unha mágoa que non puideses vir, aínda que, lamentabelmente, seguro que vai ter que haber aínda máis mobilizacións coma esa.

Ademais, é enorme a satisfacción por chegarmos ao obxectivo de conseguirmos unha manifestación unitaria contra as políticas lingüísticas tan nocivas do PP.

Unha apertiña!

Perfecto Conde dijo...

Querido Carlos:
Grazas polo comentario, e déixame compartir esa "enorme satisfacción por chegarmos ao obxectivo de conseguirmos unha manifestación unitaria contra as políticas lingüísticas tan nocivas do PP". Coido que este 18 de outubro foi un dos días importantes da nosa época, e ti es un dos que máis méritos reúnen para celebralo.

Anónimo dijo...

Caamaño é unha figura que pode encabezar un PSOE galego na linea do catalán, que recolla os votos da esquerda e do nacionalismo moderado, que collería votos da parte nacionalista e non ultramontana do PP e, dende logo, moitos do BNG.
Cartamente, asomouse un líder.

Luisfoz dijo...

Muito bom o teu comentário, Perfecto, sinto que nao pudesses ir. Foi também uma oportunidade de ver velhos amigos, como Fermín Bouza. O Caamaño bem, mas eu pediria-lhe que se lembre dos "três do Eixo" e lhes conceda, já, o indulto parcial. É triste ir por Gallaecia e ver o pobre do Moreiras acarretando a sua pulseira de controlo.

Anónimo dijo...

Foi importante a presenza do Sr.Ministro.Mágoa que on estivese algún outro.O PSdeG-PSOE ten un evidene déficit de galeguismo que debera corrixir.A defensa da lingua galega debe ser asumida por todos, sen receos. Deben quedar fóra os que libremente se sitúen na súa contra. Pero tamén é moi importante que a defensa da lingua se faga conscientemente alén das ritualidade, que están, máis non abondan. Cada un nos galegos e galegas que asistiron este domingo pasado á manifestación deben reafirmar a súa galeguidade na vida familiar, laboral, na relación coa xustiza, notarias e mesmo no hábitos alimentarios, preferindo produtos etiquetados en lingua galega, que é un xeito eficaz de galeguizarmos o Pais.

Hildegart Canido dijo...

A data do 18 de outubro, que temos que empezar a celebrar coma da recuperación da nosa propia dignidade, vai marcar o declive dunha perigosísima deriva que nutriu a chegada de Núñez Feijóo ao poder.
Estaba empezando a ser insoportable a contaminación cultural e política –con cómplices insospeitados– dos neocons galegos. Grazas a ignorancia atrevida dun antigaleguismo de inspiración foránea, en Galicia comenzara a ensaiarse a saída da cova de moitos necios acomplexados que viron as portas abertas para expresaren o autoodio co que se retroalimentan e a súa incorrexible vocación de vendepatrias. Señoritos de caldo á merenda, desertores do arado, merdáns de mediopelo e unha variada fauna de aproveitados estaban dispostos a saltar sobre o galego e sobre canto significan o idioma e a cultura galega pensando que lles chegara o momento de implantaren unha nova doma e castracción de todo o que desoñecen. E xa se sabe que non hai pior ignorante que o que non quere aprender nunca.
O camiño iniciado onte en Santiago ha ser longo, difícil, cangado de croios, pero hase facer. Mágoa que o BNG se atope trollado e falto de iniciativa concurrente, pero a aparición no PSOE dun espírito novo, como o que amosa o ministro de Xustiza, anima a pensar que os galegos, coma sempre, somos quen de rexurdir. Pasará a noite de pedra coa que nos cegou Feijóo, e esta vez non será longa, ademais. Volverán a voar as anduriñas. A primavera dos galegos está no futuro próximo, e a irmandade galega estará nel.

arume dos piñeiros dijo...

Pensei que ao mellor no Camilo, alí ia velo. Pero foi que non. Doutra vez será.

Ramiro Cartelle dijo...

Que ten vostede razón verbo de Caamaño vese nos comentarios da prensa de dereitas Madrid (haina de esquetrdas?) que centran no de Cee todo o protagonismo ata o punto de dicir que lideraba a manifestación (?) Vese que xa saben a quen apuntar.

arume dos piñeiros dijo...

Ten algo Caamaño da vella teoría dos humores que ao mellor cadra ben aos electores: o seu temperamento flemático, en combinación con esa fisionomía cachazuda. Non sei, pero intúo que aos votantes galegos a fasquía de Caamaño lles pode resultar moi convincente, ou dito á inversa, pouco sospeitosa.
Á marxe das cualidades intelectuais que ignoro polo de agora e das políticas das que só teño moi lonxanas (e non malas) referencias.

Touceda dijo...

Pois se cadra é precisamente este o momento do que pode xurdir algo novo que remova as emporcadas augas galegas. Oxalá acerte vostede, señor Conde, coa súa premonición.

Anónimo dijo...

Xa estamos, coma sempre, tirando da corda dos de Madrí.

Anónimo dijo...

Unha figura emerxente é Rafael Cuíña, ollo a este como futuro líder do centro dereita galeguista

Alovai dijo...

Si, e Xurxo Souto creo que vai liderar (ladear, mellor dito) o Bloque.

arume dos piñeiros dijo...

Cliqueen aquí
Escoitan vostedes perfectamente. Alucinante.

MarOceano dijo...

Hola Rapaz. Eu tampocou fun. A 2300 km de distancia non hai que facer. Pero manifestamonos con o corazon, que tamen vale.
O que non vale e decir que o Psoe despertou. Siguen sendo dous. O resto, como Paco ou os senhoritos do Ferrol.
Apertas,
Ricardo

Anónimo dijo...

Acabo de ver a entrevista de Carlos Luís Rodríguez a Carlos Callón na televisión de Galicia.
Debería ser unha peza para amosar nas facultades de periodismo como exemplo de ausencia de ética profesional e utilización perversa dos medios de comunicación. Poucas veces teño visto a un entrevistador asumindo desesperadamente o papel de defensor do goberno de turno. Perdendo os papeis definitivamente.
Sentín vergonza allea! Que xentiña!
Cando este home se vexa nas imaxes, non creo que estea moi orgulloso do seu papel.
Parabén a Carlos Callón que soubo saír moi airoso da estúpida armadilla que lle tiña montado.
Moi intelixente nas respostas sen deixarse enlear nas provocacións.
Se teñen ocasión non deixen de velo. Aínda teño os pelos de punta pola tensión que me produciu semellante espectáculo.

Anónimo dijo...

Primeira pregunta da entrevista:
Señor Callón, cre vde que o señor Zapatero debería escoitar as voces que se manifestaron en Madrid contra o aborto tendo en conta que forón multitudinarias?

Anónimo dijo...

Bueno,

parece que ya nadie se acuerda del bipartito y su reciente derrota electoral. La primera vez en la historia de la España autonómica en la que un gobierno no revalida el poder en las urnas en la primera cita.

Y uno de los motivos de esa derrota (entre otros como bicefalia, inoperancia, imagen de despilfarro, etc...) fue un decreto del gallego que generó una contestación palpable en las escuelas, la sensación de que la pelea lingüística se libraba ahora con los niños como moneda de cambio. Qué importaba más el gallego que la calidad de la educación, al igual que en la TVG importa más que todo sea en gallego que la calidad de los programas.

No dudo que Fran Caamaño sea un futuro líder del PSdG y no dudo de que pueda recoger votos de descontentos del BNG... Aunque si el BNG se escinde, va a haber mucha gente peleando por ese votante tipo de izquierdas y nacionalista. Eso sí, minetras en Galicia, desde tiempos de Fraga, el PP no baja de sus 37 diputados, vamos, que no ha perdido nunca las elecciones.

Seguro que con su perfil federalista, Caamaño va a perder un buen puñado de votos de centro izquierda y de la izquierda tradicional no nacionalista. Muchos votantes del PSdG no consideran precisamente un ejemplo a imitar la situación de debilidad del PSC, obligado a pactar un tripartito si quiere tener alguna expectativa de gobierno. El PSOE presume de ser siempre un partido que aspira a gobernar en solitario; la receta de los psoes autonómicos pasa por renunciar a eso para asumir que se gobernará siempre con los nacionalistas de turno?

En las próximas autonómicas los votantes gallegos saben que van a elegir entre más Feijoo o la vuelta del bipartito. De hecho, imagino que NNGG ya debe de estar preparando carteles con fotos de Touriño y Quin y el lema "Queres que volvan?" Quién apuesta por el bipartito? Y si Caamaño fuera o fuese el líder del PSdG y presentase un bipartito todavía más escorado al nacionalismo, cuantos escaños se quedarán por el camino?

Vamos, que al PSdG con el galleguismo le pasa lo que al PP con sus votantes de perfil más religioso: tiene que cuidarlos porque es uno de sus viveros de votos, pero sólo con eso no puede ganar unas elecciones por mayoría.

Anónimo dijo...

Moitas veces dá a sensación de que os "analistas" dos resultados políticos esquecen que, descontados certos sectores, o único partido de dereita en Galicia é o PP e, loxicamente, eles van recoller os votos dos electores conservadores e afíns. En cambio, a esquerda preséntase fragmentada. Realicen cálculos agora e reformulen as súas afirmacións se queren falar das tendencias desde os dous polos (dta.-esq.). O problema, xa que logo, parece ser outro... Supoño que saben que me refiro á anterior mensaxe, a que se emociona cos 37 deputados do PP...

Anónimo dijo...

Unha análise bastante pintoresca.
se algo lle falta ao PSdeG é unha posición nidia e inequivocamente galeguista,á altura do país. Farían ben en aproveitar a coxuntura e romper definitivamente cos sectores localistas e xacobinos que lle impiden dar unha imaxe de coherencia e unidade.

Rois dijo...

Vergoñenta entrevista de Carlos Luís Rodríguez a Carlos Callón. Dame mágoa ver como un xornalista que noutrora asinou algúns magníficos artigos para El Correo agora se vende por dous patacóns ao goberno de turno. Onte parecía que estaba vendo Intereconomía no lugar da televisión pública... Boto de menos a pluralidade de Hai debate, dirixido por unha profesional de verdade. Sr. Carlos Luís Rodríguez, ten todo o meu desprezo, non volverei ver nunca máis ese programa propagandístico

Anónimo dijo...

pluralidade en hai debate..!
por favor,aquelo non era plural,agás claro que o compares co de agora.Xa se sabe no pais dos cegos......

Anónimo dijo...

Unha pregunta pertinente.
O señor Carlos Luís Rodríguez podería presentar o programa Foro Aberto na televisión galega se o fixese en castelán?
Moito me temo que o señor Carlos Luís Rodríguez sácalle proveito ao galego infinitamente máis que calquera de nós.

Anónimo dijo...

Carlos Luis Rodríguez –o de señor sóbralle–, o que lle saca agora proveito a falar en galego na TVG- foi un nacionalista radical que militou nas organizacións estudiatís da UPG. De tal pao, tal estela.

Ramiro Cartelle dijo...

Mirade,e o colexio de xornalistas non protestou pola entrevista de Carlos Luís (só hai un Carlos Luís)a Callón?

Anónimo dijo...

Encantoume escoitar a Caamaño, pero para saber a súa capacidade de liderato hai que descontarlle o "efecto ministro".

Anónimo dijo...

Así que o tal Carlos Luis Rodríguez foi nacionata. Vivir para ver! Pois agora é un simple merdán.

Anónimo dijo...

Carlos Luis Rodríguez non militou nunca na UPG nin nas súas organización. Militou, iso si, no PSG.

Anónimo dijo...

Tiene cara de buena persona Caamaño Domínguez, tipo "Bud Spencer" galaico, "ar bonachao", que dirían en Portugal......