martes, octubre 13, 2009

A monxa Forcades e o gripe A

Teresa Forcades, unha monxa beneditina do convento de San Benet en Monserrat (Cataluña), vai camiño de converterse na adalide da antivacinación contra o gripe A. Nun video que está acadando unha extraordinaria difusión a través de internet, reflexiona sobre a historia desta doenza e as as consecuencias da declaración de pandemia, de paso que fai un chamamento para que se respecten os dereitos dos afectados en todas as súas consecuencias. A monxa Forcades, que ademais é doctora en Medicina pola Universidade de Barcelona, especializada na New York University, chega a poñer os pelos de punta con todo o que di no video que se pode ver e escoitar premendo aquí ou sobre a imaxe da esquerda.

2 comentarios:

Xaquín dijo...

Ou a monxa minte ou as "democracias formais" existen (102 mil firmas pasadas polas pelotas e ovarios dos/as parlamentarios/as cataláns). E aínda hai que aguantar os sorrisos dos perdoavidas cando salientas o carácter formal das democracias occidentais (ou a parida consabida de "mandarte ás democracias populares", como se a do Aznar non o fóra!!).

Anónimo dijo...

Tambien relevante la carta de la Dra. Mónica Lalanda a la Ministra Trinidad Jiménez.......